spot_img
InicioBaixo MiñoA camelia protagonista da fin de semana en Tui

A camelia protagonista da fin de semana en Tui

a-camelia-protagonista-da-fin-de-semana-en-tuiA camelia é a protagonista desta fin de semana en Tui coa celebración da IX Mostra da Camelia Cidade de Tui no Claustro da Catedral, que este ano leva o título “Unha beleza inspiradora e máxica: a camelia, flor de galegas e galegos”.

Revista Cousas De Nº20

Este sábado tivo lugar a inauguración que contou coa participación, entre outros, da deputada provincial Nava Castro, do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e representantes do Concejo de Luarca, do Cabido da Catedral, da Sociedad Española de la Camelia, da International Camellia Society, e de ATUCA.

No Claustro da Catedral comezou este sábado a primeira hora a montaxe dos 123 metros de exposición, nos que un total de 75 persoas de Galicia, Asturias e Portugal, amosan distintas variedades desta flor, algunhas delas novidosas que se exporán por vez primeira.

A IX Mostra da Camelia Cidade de Tui A IX Mostra da Camelia pode visitarse tamén este domingo de 10 a 14 h e de 16 a 20 h

No acto inaugural actuou o grupo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui, e o domingo na clausura a Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro, que previamente, dende ás 18 h fará un pasarrúas pola cidade até rematar na praza de San Fernando.

Dende o Concello de Tui destácase a importancia desta mostra, que abre o calendario anual de exposicións da Sociedade Española da Camelia, que traerá a Tui a centos de persoas afeccionadas á coñecida coma flor da invernía.

O Concello de Tui traballa dende hai tempo para poder formar parte da Ruta da Camelia, que constitúe un importante atractivo turístico, que sumar ao legado patrimonial, histórico, cultural e natural que posúe a cidade.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.