spot_img
InicioVal MiñorNigránA Biblioteca Municipal de Nigrán galardoada nos 'Premios Arquitectura y Empresa 2024'...

A Biblioteca Municipal de Nigrán galardoada nos ‘Premios Arquitectura y Empresa 2024’ entre 113 propostas de toda España

A nova Biblioteca Municipal de Nigrán, premio peninsular de arquitectura 'Technal'A infraestrutura do  estudo vigués Gándara#Pons suma este recoñecemento ao Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia ao mellor edificio de nova planta 2021-22 ou o premio ibérico Technal

Revista Cousas de Nº24

A Biblioteca Municipal do Concello de Nigrán suma desde hoxe un novo galardón ao seu gran palmarés. A calidade do seu deseño ven de ser recoñecida nos ‘Premios Arquitectura y Empresa 2024’ cun segundo premio entre 113 propostas presentadas de toda España. O xurado, composto polos estudos máis prestixiosos do país (Abalo Alonso arquitectos, Cruz y Ortiz, NOARQ, OOIIO Arquitectura, Romera Arquitectos e Sebastián Arquitectos) decidíu entre 18 finalistas outorgando este segundo posto ao estudo vigués Gándara#Pons,  posición que comparte co tamén estudo vigués Liqe Arquitectura pola promoción de subida ao Castelo (Vigo). No certame, no que resultou gañador o estudo Mach pola ‘Casa Columpio’ de Barcelona, a Biblioteca impúxose a obras de estudos de relevancia internacional.

O edificio da Biblioteca Municipal de Nigrán (Praza de Fornes s/n) foi recoñecido no 2023 polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia como a mellor obra de nova planta en toda Galicia nos anos 2021-2022. e o ano anterior, 2022, obtivo o premio ibérico Technal, presidido no Xurado por Carme Pinós, Premio Nacional de Arquitectura 2021.

“A Biblioteca é xa un edificio icónico de Nigrán que namora aos seus usuarios e que nos sitúa no mapa da mellor arquitectura moderna de todo o país; ven xente ex-profeso a coñecela, sentímonos moi orgullosos porque combina beleza e harmonía cunha total confortabilidade”, subliña o alcalde, Juan González, quen transmite o seu parabén aos arquitectos, Lucas Gándara e Juan Pons, quenes tamén firman o proxecto de remodelación da praza pública anexa á Biblioteca a piques de rematarse, o que outorgará a toda esta zona una imaxe de conxunto.

“Estamos moi agradecidos ao Concello de Nigrán pola oportunidade que nos deu de realizar a Biblioteca Municipal porque gozamos sempre dunha absoluta liberdade creativa á hora de deseñar e incluso amoblar o edificio”, indican Lucas Gándara e Juan Pons.

O edificio ocupa unha parcela municipal de 443 metros cadrados e de forma trapezoidal no centro do municipio (a beira da Estrada pola Vía, á altura do número 118, fronte a rúa do Panasco). O feito de que se trate dunha parcela con forte desnivel permite que teña dúas entradas, con accesos tanto dende o andar baixo como desde o primeiro, o que favorece unha utilización polivalente das instalacións. Desde o punto de vista urbanístico, a construción xera unha praza cuberta que se abre á praza existente e que supón unha zona previa á entrada polo andar baixo.

Conta con catro alturas, planta irregular, e superficie total construída de 1.260 m2 clasificado coa letra A no seu Certificado de Eficiencia Enerxética (máxima categoría). Trátase, por tanto, dun edificio bioclimático que dispón das últimas tecnoloxías en instalacións para acadar esta sostibilidade ambiental.

Na planta baixa (191 m2) disponse dunha sala de usos múltiples vinculada á praza cuberta adxacente, almacén e aseos; na planta primeira (269 m2) hemeroteca, sala de ordenadores, recepción e zona de préstamo infantil e xuvenil; na segunda (272 m2) zona de préstamo para adultos e na terceira (235m2), zona de estudio que se comunica a dobre altura coa zona de préstamos do nivel inferior. A cuberta está deseñada como unha terraza onde poder desenvolver actos.

Finalmente, o mobiliario elixido estivo supervisado polos seus arquitectos e destaca por ser de liñas puras e deseño atemporal, en tons neutros e fabricado en materiais de alta calidade que lle outorgan resistencia e durabilidade.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.