spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorA Biblioteca Luís Seoane de Soutomaior recibe o Premio María Moliner por...

A Biblioteca Luís Seoane de Soutomaior recibe o Premio María Moliner por cuarto ano consecutivo

a-biblioteca-luis-seoane-de-soutomaior-recibe-o-premio-maria-moliner-por-cuarto-ano-consecutivoA Biblioteca de Soutomaior recibiu máis de 6.000€ en premios e subvencións para ampliar e mellorar a súa colección aos que hai que engadir, por vez primeira, unha achega de 2.000 euros de fondos propios do concello

Revista Cousas de Nº23

Todos os anos o Ministerio de Cultura convoca o concurso “María Moliner” de proxectos de animación á lectura en municipios de menos de 50.000 habitantes que teñan unha biblioteca pública e con persoal ao seu cargo. A finalidade deste premio é incentivar as accións de animación á lectura dirixidas a todos os veciños e veciñas, con especial atención aos colectivos con dificultades para o acceso á lectura, en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma respectiva e realizadas polas bibliotecas públicas de municipios con menos de 50.000 habitantes. O concurso consiste na entrega dun máximo de 370 premios, por un importe individual de 2.777,77€ que deberán destinarse integramente á biblioteca municipal de cada localidade.

Ademais de Soutomaior, na provincia de Pontevedra só os concellos de Tui, Moraña e Pazos de Borbén acadaron este mesmo premio. Os cartos recibidos permiten que a biblioteca faga medrar a súa colección bibliográfica e ofreza un mellor servizo de acceso ás persoas usuarias. Isto é así porque se renovan libros deteriorados polo uso, invístese en lecturas adaptadas, múdanse as edicións que teñen a letra máis pequena e procúrase estar ao día nas lecturas escolares apoiando, deste xeito, aos centros de ensinanza do municipio.

Ademais deste premio, a biblioteca e o concello cumpren anualmente coas condicións necesarias para acadar dous programas de subvencións da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades dirixidas ás bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal. O programa A está destinado á adquisición de novidades editoriais en galego (importe asignado a Soutomaior: 1239,66 euros) e, o programa B, á mellora das coleccións bibliográficas para que sexan máis completas, diversificadas e actuais (importe asignado: 2114,16 euros).

Por tanto, neste ano 2024, a Biblioteca Municipal de Soutomaior recibiu máis de 6.000€ en premios e subvencións para ampliar e mellorar a súa colección aos que hai que engadir, por vez primeira, unha achega de 2.000 euros de fondos propios do concello. Estes fondos foron destinados, non só á compra de libros de literatura actualizados para cubrir a grande demanda que existe na Biblioteca de Soutomaior, senón tamén para mercar, por exemplo, xogos de mesa, que xa se poden levar en préstamo dende o pasado 24 de outubro. Este é un material que dinamiza e abre a biblioteca a novos públicos pero que non se pode adquirir a través do resto de subvencións.

“Destinar fondos propios do concello para ampliar a colección da biblioteca demostra o noso compromiso coa promoción da lectura e o acceso á cultura. Sabemos que a nosa biblioteca é un centro cultural de referencia para as case 3.500 persoas usuarias tanto de Soutomaior como de localidades limítrofes. Agora mesmo, contamos con máis de 35.000 volumes, ademais doutros fondos bibliotecarios como películas, revistas, xogos de mesa ou Cds. E o número de préstamos increméntase ano a ano, de tal maneira que chegaremos os case 10.000 préstamos neste 2024”, apunta a concelleira de Cultura Silvia Cernadas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.