Inicio Vigo e área O Porriño A aula móbil do programa de Garantía Xuvenil chega esta semana a...

A aula móbil do programa de Garantía Xuvenil chega esta semana a Redondela, Porriño e Tui acollerán charlas informativas

Impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, o programa busca que os mozos e mozas galegos de entre 16 e 29 anos poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua ou un período de prácticas nun prazo de catro meses tras acabar a educación formal ou quedar desempregados

O programa de Garantía Xuvenil, que coordina a Consellería de Economía, Emprego e Industria, continúa a campaña informativa que percorrerá preto dun cento de concellos galegos. Esta semana, a aula móbil visitará a vila de Redondela, onde estará instalada o mércores 11 e o xoves 12, en horario de 12 da mañá a 8 da tarde, ao carón do concello (Rúa Alfonso XII, 2).

Ademais, o mércores 11 haberá charlas informativas nos concellos de Tui e O Porriño. As sesións desenvolveranse nas aulas CeMIT destas dúas vilas. A cita en Tui será ás 10 horas na aula situada no Edificio Area Panorámica (Rúa Colón, 2), mentres que no Porriño, a charla será no Multicentro de Torneiros (Ribeira, s/n).

O obxectivo do Programa de Garantía Xuvenil é que os participantes poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua, formación de aprendiz ou acceder a un período de prácticas nun prazo de catro meses despois de acabar a educación formal ou quedar desempregados. Este plan de Garantía Xuvenil está cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89%.

Todos os interesados en acudir ás xornadas informativas ou visitar a aula móbil poden acudir sen cita previa ou ben anotándose no teléfono 881 99 57 00. As charlas son de libre acceso e contarán coa presenza dun orientador que explicará os beneficios da estratexia de Garantía Xuvenil e solventará todas as dúbidas dos asistentes.

Para máis información, pódese visitar o sitio web do programa de Garantía Xuvenil (garantiaxuvenil.xunta.es), así como os perfís habilitados en Facebook e Twitter.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies