spot_img
InicioCondado ParadantaA asociación Covelo Natural e o piloto Pablo Castro premiados na décima...

A asociación Covelo Natural e o piloto Pablo Castro premiados na décima edición dos galardóns “Síntete Covelo”

a-asociacion-covelo-natural-e-o-piloto-pablo-castro-premiados-na-decima-edicion-dos-galardons-sintete-coveloO Concello de Covelo entregou os seus recoñecementos da décima edición dos “Galardóns Síntete Covelo” á asociación Covelo Natural e ao piloto de rallys Pablo Casto nun acto no que non faltou a música e a presenza das e dos veciños que cada ano se achegan ao auditorio municipal para arroupar ás persoas galardoadas.

Revista Cousas de Nº24

A Asociación Covelo Natural recibiu o seu galardón, segundo trasladou a concelleira Lourdes Enes, “polos 30 anos adicados á divulgación e promoción do Concello de Covelo a través da micoloxía, gastronomía, apicultura, fotografía, bioloxía e difusión de coñecementos e posta en valor do património medio ambiental a través de diferentes actividades  no colexio de Covelo, sempre coa finalidade de ensinar e protexer o emblema do concello de Covelo e a sua natureza”.

Ademais, o xurado formado pola concelleira do BNG, Belén Carballo; José Fdez Muradás, concelleiro do PSOE e Lourdes Enes, concelleira do PP, entregou o seu recoñecemento ao piloto de rallys Pablo Castro “quen leva o nome de Covelo ao longo da súa traxectoria profesional e persoal. A nivel laboral tivo en conta o nome do seu barrio “Coveliño” para pórlle nome á súa empresa. A nivel persoal, adícase ó mundo da competición nacional e internacional do rally. Aínda que reside en Alcalá de Henares, Madrid, dende fai décadas, sempre quere recordar de onde vén nomeando o noso pobo alí onde vai. Incluso serigrafiando o seu coche de competición co lema “Disfruta do natural-Concello de Covelo” e sempre reserva tempo para vir coa súa familia e compartir o valor do pobo, do rural, da natureza e da convivencia nas rúas e festividades locais”.

Ao remate da entrega de galardóns o público asistente puido fotografiarse cos premiados e compartir un petisco despois do concerto de “Sin Reserva Acústico”. A concelleira, Lourdes Enes, e o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, manifestaron a súa emoción neste acto que distingue o amor pola súa vila e a dedicación de moitas e moitos dos seus veciños en conservar o seu rico patrimonio histórico e medio ambiental e a súa posta en valor. “Como alcalde é sempre moi emocionante estar aquí destacando ás persoas que levan o nome de Covelo co orgullo, que valoran a nosa riqueza e que portan con cariño o nome da súa orixe ou do lugar que elixiron para vivir. Como goberno seguiremos traballando para mellorar o día a día de todas e de todos abertos sempre a escoitalos e apoialos”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.