spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoA Asociación Aspas presenta en Cangas o musical "¡Peter...volamos!"

A Asociación Aspas presenta en Cangas o musical “¡Peter…volamos!”

a-asociacion-aspas-presenta-en-cangas-o-musical-peter-volamosO Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas acollerá o vindeiro 11 de xaneiro un dos espectáculos musicais máis inclusivos e emotivos. Unha adaptación da historia de Peter Pan baixo o título de “Peter… Volamos!”, na que participan 50 actores e actrices con discapacidade intelectual

Revista Cousas de Nº24

Peter… Volamos! é unha obra musical baseada na historia de Peter Pan, interpretada por máis de 50 actores e actrices con discapacidade intelectual. Persoas con talento natural, que co seu traballo e esforzo conseguiron florecer as súas habilidades e empezaron a brillar no escenario pequenas estrelas cheas de enerxía e ilusión que cegan ao público en cada representación.

a-asociacion-aspas-presenta-en-cangas-o-musical-peter-volamos
Representantes da Asociación e do Concello de Cangas o día da presentación no Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela

Os actores e actrices están acompañados de mozos e mozas que de forma voluntaria uníronse como músicos, trasgos, bailarinas… para levar adiante o musical máis inclusivo e emotivo da historia.

O musical narra a historia de tres amigos: Peter Pan, Campanilla e Wendy que nunha fría noite de inverno cruzan ao mundo de Nunca Xamais para vivir unha aventura chea de contratempos por culpa do Capitán Garfío e o seu inseparable amigo Smith, co que Peter terá que loitar para salvar a Triguilla, a pequena india, aos nenos perdidos e por último á súa fada favorita Campanilla das garras de Garfío que os secuestra cun único fin, acabar con Peter Pan para sempre…. conseguirao?

Un espectáculo con música en vivo, baile, trasgos máxicos, actores cegadores que che farán revivir a túa infancia, descubrir as capacidades e o talento das persoas que che chegará a emocionar.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.