spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA andaina “de Monumento a Monumento” conmemorará o 90 aniversario da declaración...

A andaina “de Monumento a Monumento” conmemorará o 90 aniversario da declaración de BIC do Mosteiro de Oia e o Monte de Santa Trega

Increméntase notablemente o número de peregrinos que realizan o Camiño Portugués da CostaOs participantes da andaina “de Monumento a Monumento” percorrerán 12,5 km do Camiño Portugués da Costa, saíndo dende o Mosteiro de Oia e chegando á Guarda

O obxectivo desta conmemoración é o mesmo que en orixe motivou aos que loitaron pola proclamación destes monumentos como parte do Patrimonio Nacional hai 90 anos, e non é outro que poñer en valor estes tesouros nacionais.

Descuberto en 1913, o enorme poboado castrexo que compón o Castro de Santa Trega supuxo unha das primeiras campañas turísticas lanzadas en España, chegando a ser o segundo lugar máis visitado en Galicia trala Catedral de Santiago. O indiano portorriqueño Manuel Lomba Peña é a quen se lle debe en maior medida dito logro.

Ambos monumentos están vinculados dende que no Real Decreto de Xuño de 1931 formaran parte dos 789 elementos patrimoniáis españois que foron declarados monumentos histórico-artísticos pertencentes ao Patrimonio Nacional

O Mosteiro de Oia que data do século XII, é o único da Orde do Císter pegado ao Océano Atlántico. Dirixido polos benedictinos que foron monxes artilleiros e cultivaron as vides e as terras durante sete séculos, pasou, trala desamortización a mans privadas pertencendo ata 1945 á familia do segundo propietario, outro indiano portorriqueño veciño da Guarda, Joaquín Alonso Martínez.

A andaina “de Monumento a Monumento” conmemorará o 90 aniversario da declaración de BIC do Mosteiro de Oia e o Monte de Santa Trega

Por todos estes motivos, o Mosteiro de Oia tomou a iniciativa de conmemorar tal acontecemento organizando a Andaina coa colaboración dos concellos de Oia e A Guarda, e contando ademais co patrocinio de Frutas Neves.

Baixo o nome ‘de Monumento a Monumento’, a andaina terá lugar o próximo 5 de xuño, saíndo as 10 da mañá do Mosteiro de Oia para percorrer 12,5 Kms pola costa ata O Montiño na Guarda.

As inscrición poderán facerse no Concello de Oia, o Centro Cultural da Guarda ou no email info@mosteirodeoia.com ata esgotar as prazas.

Os participantes poderán desfrutar dunha ruta chea de encanto pegada á agreste Costa que une estes dous puntos do Camiño.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.