spot_img
InicioO MorrazoMarínA Alameda acollerá este domingo a V Mostra de Artesanía de Marín

A Alameda acollerá este domingo a V Mostra de Artesanía de Marín

O mercadiño abrirá ás 10.00 horas e ao longo de toda a xornada haberá presentacións literarias, música na sesión vermú e actividades infantís

Revista COUSAS DE Nº17

A artesanía terá un papel protagonista esta domingo na Alameda de Marín coa celebración da V Mostra que organiza a Asociación Gallaecia. A partir das 10.00 horas abrirase o mercado, que está á disposición do público ata as 22.00horas, e a partir dese momento haberá moitas actividades.

Ás 13.00 horas, presentarase o audiolibro “A primeira meiga”, escrito e producido polo marinense Juan Prieto, que estará na Alameda para tamén realizar unha firma de exemplares.

A paritr das 13.30 horas, teremos sesión vermú a cargo da banda “Querido extraño”, que chegarán dende Pontevedra co seu estilo de folk, country e blues.

Xa pola tarde, a partir das 18.00 horas, Laura Naveira fará animación infantil e ás 19.00 horas, teremos actuación da agrupación de Zumba “Kris y los Zumbis.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.