spot_img
InicioBaixo MiñoA Agrupación Musical de Goián celebra os seus 25 anos de vida

A Agrupación Musical de Goián celebra os seus 25 anos de vida

tomino-dedica-a-sua-programacion-cultural-de-novembro-a-musicaOfrecerá un emotivo concerto o sábado 24 de xuño ás 20.00 horas na Praza Pintor Antonio Fernández

Revista COUSAS DE Nº17

Vinte e cinco anos de vida e música a esgalla. A Agrupación Musical de Goián celebra a vindeira semana o seu 25 aniversario cun emotivo concerto aberto a toda a veciñanza no que o público poderá gozar non só dunha xornada chea de música, senón tamén da propia historia da Agrupación.

O concerto será o vindeiro sábado 24 de xuño ás 20.00 horas na Praza Pintor Antonio Fernández de Goián, no que ademais de participar as e os actuais integrantes da agrupación acudirán antigos directores e músicos que pasaron pola banda ao longo deste cuarto de século de historia.

Baixo a batuta de Pedro Villarroel, a Agrupación Musical de Goián aproveitará este gran concerto para estrear o pasodobre ‘Raíces’, creado para o aniversario por Andrés Álvarez, compositor, trompetista e membro fundador.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.