spot_img
InicioCondado ParadantaA AGG organiza este fin de semana a terceira edición das xornadas...

A AGG organiza este fin de semana a terceira edición das xornadas do baile comunal “O Serán desta aldea… Aboal”

a-agg-organiza-este-fin-de-semana-a-terceira-edicion-das-xornadas-do-baile-comunal-o-seran-desta-aldea-aboalA AGG organiza este fin de semana a terceira edición das xornadas do baile comunal, O Serán desta aldea… Aboal. Dúas xornadas onde compartir tradición, tocando, cantando, bailando e homenaxeando ás tocadoras e bailadoras da aldea protagonista, nesta edición Aboal, reivindicando ás nosas grandes mestras da tradición oral e colaborando a consolidalas como o referente vivo que teñen que ser.

Revista Cousas De Nº19

Logo de tres anos de parón despois da pandemia, neste outono do 2023 regresan á vila de Mondariz as xornadas adicadas ao baile comunal, o que nas terras do Condado se coñece como serán.

O domingo 29 e martes 31 de outubro decorrerá a terceira edición de O SERÁN DESTA ALDEA, xornadas do baile comunal, organizadas pola Asociación de Gaiteiras Galegas coa colaboración do Concello de Mondariz, a Xunta de Galicia e o Cear Castromao de Mondariz. Logo de estar adicadas no 2018 ao lugar do Ceo, e no 2019 ao de Cernadela, a aldea homenaxeada este 2023 é a de Aboal (Mondariz).

Dúas xornadas onde compartir tradición, tocando, cantando, bailando e homenaxeando ás tocadoras e beilladoras da aldea protagonista, reivindicando ás nosas grandes mestras da tradición oral e colaborando a consolidalas como o referente vivo que teñen que ser.
Nesta edición, que se amplía a dous días, homenaxeamos ao barrio de Aboal (Mondariz) e as súas tocadeiras e beilladeiras Benedicta Carballo Suárez, Emérita Alfaia Seoane, Laurinda Ventín Portela, Marina Pedreira Alfaro, Orlando Garrido Barral e Raimunda Alfaia Seoane. (No cartel de ezquerda a dereita; Marina, Raimunda e Benedicta. Fotografía de Guillerme Ignacio)

O domingo á mañá contará cun obradoiro monográfico sobre a pandeireta en Aboal impartido por Xandre Outeiro na biblioteca, e pola tarde na Praza de Abastos un obradoiro de baile en Aboal impartido por Miguel Souto, ambos mestres e compiladores que fixeron traballo de campo na aldea homenaxeada. O antropólogo Rafael Quintía falaranos sobre o BIC A Foliada, e a seguir teremos un coloquio participativo, moderado por Guillerme Ignacio e no que contaremos con Rafael Quintía e mais con Xulia Feixoo, dous dos redactores do informe técnico para a declaración da foliada como BIC.

O martes 31 ás oito na Praza de Abastos de Mondariz renderáselles homenaxe ás persoas que contribuíron a que o patrimonio musical inmaterial de Aboal poida ser legado ás seguintes xeracións. Catro mulleres (unha a título póstumo) e un home que durante anos atenderon a todo aquel que quixo aprender as músicas e os bailes que fixeron parte da súa mocidade, da súa vida. Por esa importante e desinteresada labor serán recoñecidas publicamente como “Mestras pandeireteiras”.

O culme das xornadas será a continuación, na mesma Praza de Abastos, cun serán ao xeito dos que se recuperaron no Condado a mediados dos anos noventa, con música para o baile feita por todas aquelas persoas ou colectivos que se acheguen a Mondariz neste víspera de festivo.

PROGRAMA

DOMINGO 29
10.30h. Inauguración
10.45h. Obradoiro “A pandeireta nos seráns de Aboal”. Xandre Outeiro
13.00h. Relatorio “BIC a foliada”. Rafael Quintía
13.45h. Coloquio “A Foliada, un patrimonio a debate” . Con Rafael Quintía, Xulia Feixoo e guiado por Guillerme Ignacio.
14.30h. Xantar de confraternización
17.30h. Obradoiro “O baile nos seráns de Aboal”. Miguel Souto

MARTES 31
20.00h. Homenaxe ás pandeireteiras de Aboal (Mondariz).
20.30h. Serán

- Publicidade -spot_img




[adrotate group="1"]