spot_img
InicioVal MiñorBaionaA 48ª edición da regata Trofeo Conde de Gondomar, a máis solidaria...

A 48ª edición da regata Trofeo Conde de Gondomar, a máis solidaria da súa historia

Tripulacións de Galicia e Portugal bateranse en augas do Atlántico para conseguir o récord do 'Carrumeiro Chico'

A histórica regata que organiza o Monte Real Club de Yates contará este ano cun completo programa de accións sociais que terán como principal obxectivo a recadación de fondos para a Fundación Igualarte

Revista COUSAS DE Nº18

A presentación oficial da cuadraxésimo oitava edición do Trofeo Conde de Gondomar – Gran Premio Zelnova Zeltia / Sabadell Urquijo, histórica regata que organiza o Monte Real Club de Yates deu este martes o pistoletazo de saída para unha nova edición, que levantará o pano este próximo sábado con case medio de centenar de barcos rexistrados e cun completo programa de accións solidarias como gran novidade da edición.

Este ano a axenda deportiva do Trofeo Conde de Gondomar estará acompañada dun novo programa de accións sociais que converterá a esta cuadraxésimo oitava edición da regata na máis solidaria da súa historia.

 48ª_edición_regata_Trofeo_Conde_Gondomar_máis_solidaria_historia

Na presentación oficial aos medios de comunicación, estiveron presentes José Luis Álvarez, presidente do Monte Real Club de Yates; Juan Carlos Ameneiro, Consejero Delegado de Zelnova Zeltia, e Pedro González, Director General; Pablo Junceda, Director General de Banco Sabadell Gallego; Jesús Vázquez Almuiña, alcalde de Baiona; José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte e Ignacio Sánchez Otaegui, Comodoro do MRCYB

O luns día 24, coincidindo coa cea mariñeira para participantes, terá lugar no xardín do Monte Real un evento solidario de man de Zelnova Zeltia. O acto estará presentado por Duarte Galván e estará amenizado por Carlos Blanco, que ofrecerá un divertido monólogo co obxectivo de animar aos presentes para comprar rifas para entrar no sorteo dunha noite con almorzo incluído nas Cabañitas do Bosque, situadas en Outes (A Coruña).

Paralelamente, durante as catro xornadas de regata, o club baionés poñerá ao dispor de todos os socios e regatistas dous vehículos Volvo eléctricos (Volvo C40 408 CV e Volvo C40 231 CV), para que poidan probalos e coñecer as tecnoloxías máis limpas e eficientes de primeira man á vez que colaboran coa iniciativa solidaria da edición, e é que por cada “test drive” que se realice Volvo Autesa doará unha achega económica á causa.

Todos os fondos recadados en ambas as accións irán destinados á Fundación Igualarte, que consta dun centro ocupacional, un centro de día e un programa artístico co que se definen como “un espazo no que as persoas con diversidade funcional poden expresarse de maneira artística”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.