spot_img
InicioCondado Paradanta60 expositores presentarán más de 500 variedades de camelia en Salceda de...

60 expositores presentarán más de 500 variedades de camelia en Salceda de Caselas

60-expositores-presentaran-mas-de-500-variedades-de-camelia-en-salceda-de-caselasO Concello de Salceda, a través da Concellaría de Turismo que dirixe Marcos Troncoso, presentou esta mañá as XV Xornadas da Camelia, que se celebrarán os vindeiros 16 e 17 de marzo.

Revista Cousas De Nº20

Calcúlase que na mostra participarán uns 60 expositores/as chegadas de toda a xeografía galega e de Portugal, que amosarán máis de 500 variedades desta flor de orixe oriental, ao longo de máis de 130 metros de exposición. Outras entidades como o CEP Altamira ou AFAGA estarán presentes tamén nas xornadas con traballos realizados por parte do alumnado no caso do CEP e das persoas usuarias no caso de AFAGA.

Para levar a cabo as xornadas, o Concello conta coa colaboración da Asociación de Xubilados/as e Pensionistas, así como a Asociación de Mulleres Rurais, que se encargan da organización da mostra.

Como ven sendo costume, a propia Estación Fitopatolóxica do Areeiro contará co seu propio espazo na mostra. Esta entidade realiza unha labor fundamental no estudio e difusión das diferentes posibilidades que ofrece esta flor, polo que resulta moi importante a súa participación nas xornadas de Salceda.

O Concello de Salceda segue deste xeito apostando por unha exposición que se ten convertido xa na máis grande de Galicia, servindo de referente para moitas outras mostras. Marcos Troncoso, Concelleiro de Turismo: “Un evento que traerá a centos de persoas durante a vindeira fin de semana e que servirá de reclamo turístico máis alá das nosas fronteiras, pois é unha mostra que ven adquirindo carácter internacional coa participación de expositores/as de Portugal. Salceda forma parte da Ruta da Camelia con xardíns tan espectaculares como os do Pazo de Pegullal”.

Loli Castiñeira, Alcaldesa: “Unhas xornadas da camelia que xa son un evento consolidado no noso Concello, reunindo incluso a tres xeracións dunha mesma familia na nosa exposición. Convidamos a todo o mundo a que coñezan a que xa podemos denominar `flor de Galicia´, un auténtico espectáculo de color e variedade”

- Publicidade -spot_img