spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaior50 alumnos de primaria do colexio Manuel Padín Truiteiro de Soutomaior, realizan...

50 alumnos de primaria do colexio Manuel Padín Truiteiro de Soutomaior, realizan unha visita ao Concello

50-alumnos-primaria-colexio-Manuel-Padín-Truiteiro-Soutomaior-realizan-unha-visita-ConcelloO alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu esta mañá a visita de case 50 alumnos de 4º de Primaria do Colexio Manuel PadínTruiteiro na Casa do Concello.

O tradicional encontro pretende fomentar o achegamento dos máis pequenos ás institucións públicas

Nunha amena charla no salón de plenos do Concello, os pequenos formularon as súas preguntas o rexedor local e recibiron de mans do mesmo un pequeno obsequio de material escolar. O tradicional encontro finalizou cun breve percorrido polas oficinas municipais onde os alumnos puideron comprobar de primeira man o funcionamento da Casa Consistorial e observar o traballo que nela se realiza a diario.

Sentados da mesma maneira que o fan os edís nos plenos, os pequenos tiveron a oportunidade de transmitir persoalmente ao alcalde as súas preguntas e desexos, como un novo patio para o colexio, unha piscina ou un novo campo de fútbol.

50-alumnos-primaria-colexio-Manuel-Padín-Truiteiro-Soutomaior-realizan-unha-visita-ConcelloTras expor as súas peticións e inquietudes, os alumnos escoitaron atentamente unha pequena explicación sobre algúns dos aspectos de interese do Concello de Soutomaior como a súa historia, o seu funcionamento ou o proceso electoral a través do cal se elixe o goberno municipal. Unha exposición da que tomaron boa nota, xa que esta visita supón un complemento práctico ás clases teóricas que reciben no colexio sobre a utilidade e o funcionamento das institucións públicas.

A continuación, o alcalde, Agustín Reguera, realizou un obsequio de material escolar aos pequenos, un plumier repleto de lapis e bolígrafos, como premio á súa atención. Un agasallo útil e que á vez lles sirva de recordo desta educativa xornada. A visita finalizou cun pequeno percorrido polos despachos e dependencias municipais mentres o alcalde e diversos membros do goberno local explicaban aos alumnos o traballo que se realiza en cada unha delas.

Ao termo do encontro, o alcalde, Agustín Reguera, expresou a súa satisfacción polo desenvolvemento da visita, a que cualificou como “unha experiencia moi positiva para os estudantes, xa que ademais de complementar de maneira práctica unha parte fundamental do temario, supón, para moitos dos alumnos, o seu primeiro contacto co Concello e as administracións públicas“.

- Publicidade -spot_img