spot_img
InicioGalicia20 padeeiros galegos compiten no Mundial de Italia

20 padeeiros galegos compiten no Mundial de Italia

20 padeeiros galegos compiten no Mundial de ItaliaMañá comeza o Campionato do Mundo Sprint 2023 ICF Junior e Sub23 no fermoso Lago de Santa Caterina, Auronzo dei Cadore, Italia. O campionato inaugurouse hoxe cunha impresionante cerimonia de apertura. A partir de mañá xoves ás 9:00, darán comezo as primeiras competicións

Revista COUSAS DE Nº18

España desprega en terras italianas un numeroso equipo, entre os que se atopan 20 padeeiros galego, acompañados por catro técnicos e un fisioterapeuta. Estes deportistas están listos para mostrar a súa calidade nas augas do lago durante o próximos cinco días de competicións.

O programa para esta semana é esixente. O mércores, os competidores enfrontaranse ás eliminatorias de 1000, 500 e 200 metros. O xoves, levarán a cabo as semifinais de 1000 e 500 metros, xunto coas eliminatorias de 200 metros. O venres será un día emocionante, xa que se outorgarán as primeiras medallas en xogo. E finalmente, o domingo, os campionatos finalizarán coas finais de 5000 metros.

Entre os destacados deportistas galegos atópase Lucía Tenreiro do Piragüismo Illa de Arousa, quen competirá o mércores ás 9:00 na proba de K1 200 metros. Non menos impresionante é o equipo xuvenil K4 formado polos padeeiros do Náutico Firrete: Óscar Allegue, Iker Veiga, Antón Cao e Nicolás Gayol do Piragüismo Altruán, quen debutará ás 9:45 na terceira eliminatoria de 500 metros. Será unha regata rifada, xa que só o primeiro clasificado pasará directamente á final.

Ademais, Allegue e Gayol tamén participarán o xoves na proba de K2 500 metros.

O mércores ás 10:20, Pablo Crespo e Martín Jácome do E.P. Ciudad de Pontevedra terán o seu debut na serie de C2 sub-23 1000 metros. Ambos os padeeiros competirán en cálea catro, buscando os primeiros postos que lles aseguren o pase directo á final. Máis tarde, ás 13:20, Crespo sairá por cálea seis na serie de clasificación de C1 1000 metros. Nesta proba, só o primeiro clasificado avanzará directamente á final.

Ás 10:37, o padeeiro do As Torres Romaría Viquinga, Pedro Torrado, iniciará a súa participación na serie de C1 xuvenil 1000 metros. Torrado está decidido a lograr a vitoria na súa carreira e asegurar así a súa clasificación directa para a final de medallas. Ademais, competirá na proba de C1 500 e 5000 metros.

Outra destacada deportista galega é a pontevedresa Antía Otero, quen competirá no mundial na proba de C2 sub 23 500 metros xunto a María Moreno. Ás 11:15, ambas sairán por cálea tres, loitando por alcanzar as tres primeiras posicións que lles darán a clasificación para a final. Ademais, Otero e Moreno formarán parte da embarcación C4 500 metros xunto a Valería Oliveira do Piragüismo Poio e Claudia Couto de E.P. Ciudad de Pontevedra, no que promete ser unha boa oportunidade de subirse ao podio.

Martín López do Náutico Firrete, ás 12:30, fará o seu debut na proba de K2 1000 metros xuvenil xunto padeeiro asturiano Javier García. Ademais da súa participación en equipo, López competirán nas probas individuais de 1000 e 5000 metros.

O K4 sub-23 masculino, conformado por Iván Fernández do Ría de Betanzos e Xoel García do Fluvial de Lugo, competirá na serie de 500 metros ás 13:20. Acompañados por Alex Graneri e Carlos García, estes padeeiros loitarán por unha praza na final. Só o primeiro conseguirá o prezado pase para non ter que pasar polas semifinais da tarde.

O xoves ás 9:40, o C4 500 metro xuvenil de Nicolás Braña do Piragüismo Poio, xunto a Ibai Tolosa, Daniel Ros e Juan Ruiz, sairá pola rúa 6 en busca das tres primeiras posicións que lles aseguren o pase á final. Nicolás e Daniel tamén participarán na proba de C2 500 metros.

A parella formada por Diego Domínguez do Breogán e o mallorquino Joan Moreno competirá na proba de C2 500 metros da categoría Sub-23 ás 10:05. Ambos os deportistas tamén formarán parte do C4 500 metros, onde competirán xunto ao padeeiro pontevedrés Jaime Duro e o deportista madrileño Daniel Grijalba.

Irene Lata do Ría de Betanzos competirá ás 10:20 do xoves no K1 Sub-23 1000 metros. Ademais, tamén se enfrontará á proba individual de 5000 metros.

A padeeira do Kayak Tudense, Lara Feijoo, tomará a saída xunto a Laura Serra no K2 500 metros. Finalmente, o padeeiro do Náutico O Muiño, Manuel Fontán, terá que esperar ata o sábado 7 de xullo para facer o seu debut neste mundial. Fontán sairá ás 15:26 na serie clasificatoria de C1 500 metros.

- Publicidade -spot_img