Inicio Galicia 2 de abril | Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Iluminemos...

2 de abril | Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Iluminemos o Mundo de Azul

dia-mundial-de-concienciacion-sobre-autismo“Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible” Fundación Menela celebra o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

Con motivo da celebración o próximo 2 de abril do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, Fundación Menela súmase a campaña de concienciación que promove Autismo Europa baixo o lema “Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible”.

Esta campaña pretende visibilizar as barreiras ás que se enfrontan cada día as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias. Porque só desde a comprensión e o coñecemento pódese conseguir unha mellor adaptación ás necesidades do colectivo, que lles permita a súa plena inclusión e participación en todos os ámbitos da sociedade, así como o exercicio efectivo dos seus dereitos.

Con motivo desta conmemoración, Fundación Menela organiza dous actos na cidade de Vigo:

Acto Institucional

Xoves, 5 de abril de 2018

De 11:15 a 13:00h

Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei, 1)

Programa:

Escenificación dos alumnos do Colexio Menela. Os alumnos e alumnas do Colexio Menela convértense nos verdadeiros protagonistas nun acto no que nos acercan, en primeira persoa, ás barreiras ás que se enfrontan as persoas con autismo, e poñen en valor o compromiso do Concello de Vigo para implantar medidas que melloran a accesibilidade cognitiva, e que fan que a nosa cidade sexa mais accesible e comprensible para tódalas persoas con diversidade funcional.

Proxecto de Accesibilidade Cognitiva. O Concello de Vigo e Fundación Menela darán a coñecer o proxecto de Accesibilidade Cognitiva a través do cal se implantarán prácticas dirixidas a mellorar a accesibilidade en espazos administrativos e de xestión dos servizos públicos, sinalando con Sistemas Alternativos da Comunicación (Pictogramas), as dependencias e lugares mais salientables da casa do Concello para, de forma progresiva e sostible, ampliala a outras entidades e organismos da nosa contorna.

Lectura Manifesto Día Mundial. Contaremos coa participación de representantes políticos, familias e persoas con TEA na lectura do manifesto do DMCA elaborado polo movemento asociativo europeo. Pendente de confirmacións.

O acto estará amenizado con pezas musicais da Orquestra Castro Navás da que forman parte profesionais e persoas con TEA do centro, e finalizará cunha gran foto de familia.

Neste día, Vitrasa e Aucoares Lar colaborarán coa Fundación Menela neste acercando aos rapaces e profesionais ao Auditorio Municipal do Concello de Vigo. 

Acción de Rúa

Sábado, 7 de abril de 2018

De 11:00 a 14:00h

Escalinata Museo de Arte Contemporaneo, MARCO de Vigo (Rúa Príncipe, 54)

Programa:

▪ Escenificación

Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible

A rúa do Príncipe acollerá unha acción de visibilización organizada por Fundación Menela, Autismo Vigo e TEAVI; un acto de rúa conxunto que ten o obxectivo de sensibilizar a sociedade sobre a necesidade de eliminar barreiras, invitando a todas as persoas que se acerquen a “romper juntos barreras por el autismo”.

Lectura Manifesto Día Mundial

Outras actividades

O sábado 7 de abril, o director xeral de Fundación Menela, Cipriano L, Jiménez, participará no Foro Internacional sobre o Autismo, organizado pola Escuela Lacaniana de Psicanálise en Barcelona, e que leva por título “Despois da Infancia, Autismo e Política”

Campaña de Concienciación

Participamos de forma activa na campaña viral en Redes Sociais, compartindo fotos de familias, usuarios, prefesionais, etc. facendo o xesto de romper as barreiras polo autismo. Asemade, neste 2018, apoiamos a campaña de sensibilización “Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible” cun video realizado en 2017 por Fundación Menela para dar a coñecer as barreiras á hora de participar e comprender a contorna na que viven as persoas con TEA. O video está dispoñible na páxina web e facebook da entidade.

Iluminemos o Mundo de Azul

O Concello de Vigo, Concello de Nigrán e o Concello de Gondomar súmanse a campaña internacional Light it Up Blue (#lLIUB), promovida por Autism Speaks, que consiste en iluminar de azul edificios e monumentos emblemáticos, tinguindo na noite do 1 ao 2 de abril o edificio das Fontes da Rúa Aragón, Concello de Nigrán e Concello de Gondomar, respectivamente.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies