spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño rema para descubrir as fortalezas dende outro punto de vista

Tomiño rema para descubrir as fortalezas dende outro punto de vista

Tomino-kayak

Gran éxito do primeiro roteiro en kayak polo Miño para descubrir as fortalezas ribeireñas, dentro do programa de actividades “Tomiño único”

Hoxe tivo lugar a segunda actividade da programación “Tomiño único” que está a percorrer o territorio do municipio e pondo en valor o patrimonio histórico, cultural, arqueolóxico, etnográfico e panorámico do concello.

Nesta ocasión o roteiro deixou atrás a terra para por os pes enrriba de un kayak e gozar dunha visita diferente: as fortalezas ribeireñas dende un kayak. A actividade, promovida pola Concellería de Turismo, Patrimonio e Mocidade do Concello de Tomiño, tivo unha gran aceptación e as prazas dispoñibles esgotáronse en poucas horas.

As persoas participantes visitaron a Fortaleza de San Lorenzo de Goián, e a súa contorna
comprendida no Espazo Fortaleza, e a Fortaleza de Vilanova de Cerveira, así como outros restos arquitectónicos da zona. Ademáis, moitos deles primerizos no kayak, tiveron unha primeira toma de contacto co mundo do remo e aprenderon as nocións básicas necesarias para desenvolverse con seguridade a bordo dun kayak.

A programación continua o vindeiro mércores 10 de agosto cunha actividade que tamén destaca pola súa orixinalidade. Baixo o nome “Ouro, estrelas e lobos” as persoas participantes poderán gozar das Bágoas de San Lourenzo e visitar as antigas minas de ouro e as mámoas da parroquia de Pinzás. As persoas interesadas deberán achegarse ás 19:30 do 10 de agosto até a Igrexa de Pinzás.

- Publicidade -spot_img