spot_img
InicioO SalnésReunión preparatoria do III Certame de Escultura Francisco Asorey

Reunión preparatoria do III Certame de Escultura Francisco Asorey

reunion-preparatoria-do-iii-certame-de-escultura-francisco-asorey

Onte tivo lugar, na Secretaría Xeral de Cultura, unha reunión preparatoria do  III Certame de Escultura Francisco Asorey.

Na citada reunión estiveron presentes o Secretario Xeral de Cultura, o Deputado Provincial de Cultura da Deputación de Pontevedra, o Concelleiro de Cultura do Concello de Cambados e os representantes da Asociación Cultural Francisco Asorey.

Nesta reunión acordouse establecer o modelo de convenio ou ben de protocolo de colaboración que debe rexer entre as catro entidades organizadoras deste certame, no que se definirá o papel a desempeñar por cada organismo (obxectivo e grado de implicación das partes).

Así mesmo se acordou a modificación puntual das bases de participación do certame, que se agardan facer públicas neste mes de febreiro en Cambados. Este ano, as obras presentadas ao certame serán expostas inicialmente en Cambados e despois do verán, na Casa da Parra  en Santiago de Compostela.

No que respeita a Xunta de Galicia,  secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, trasladoulles á presidenta e ao secretario da Asociación Cultural Asorey, María del Carmen Abelleira e Vicente Pérez, respectivamente, o compromiso da Xunta de Galicia de colaborar, un ano máis, no Certame Escultórico Francisco Asorey, que en 2016 chega á súa terceira edición.

Con esta colaboración, a Consellería de Cultura, Educación e O.U. promove a continuidade deste certame escultórico, creado en 2014, para favorecer a creación artística e recordar a figura do escultor Francisco Asorey.

Na xuntanza, tamén estiveron presentes o deputado provincial de Cultura e Normalización Lingüística Xosé Leal Fariña, e o Concelleiro de Cultura do Concello de Cambados, Víctor Caamaño, en representación das restantes institucións implicadas nesta iniciativa.

- Publicidade -spot_img