spot_img
InicioBaixo MiñoO Rosal ofrece este ano tres Campus de Verán para os máis...

O Rosal ofrece este ano tres Campus de Verán para os máis novos

O Salón de Plenos acolleu a presentación dos 3 campus que se celebrarán este verán no concello do Rosal e que corresponden ao SD Atl. Novás, ao UD Ribera e o propio Concello do Rosal.

o-rosal-ofrece-este-ano-tres-campus-de-veran-para-os-mais-novosNa presentación estiveron presentes a primeira tenente de alcalde, Mari Carmen Alonso e representantes da S.D, Ribera e da SD Atlético Novás.

As actividades do Concello, que se desenvolverán os meses de xullo e agosto, está dirixidas a nenos e nenas de E. Infantil e Priimaria, consistirán en manualidades, xogos e obradoiros, O prazo de inscrición comeza o 1 de xuño e as prazas asignaranse por rigoroso órden, tendo as familioas numerosas un desconto.

Por segundo ano, cóntase co Campus de balonmán,que se desenvolverá do 3 ao 14 de xullo, cun prezo de 60€,  no que segundo os organizadores, poderanse practicar outros deportes (kaiak, sendeirismo, etc) ou obradoiros educacionales. Os irmáns terán un desconto e a data límite para este campus é o 30 de xuño.

A novidade deste ano é o Campus de fútbol. O prazo para inscribirse termina o día 9 de xunio. Desenvolverase desde o día 3 ao 15 de xuño e con prezo de 55€.  O horario previsto é de 10 a 13,30h. Os organizadores informan, que se realizarán diferntes actividades deportivas e lúdicas. A idade para este campus é de 4 a 16 anos e no prezo inclúese unha pequena merenda para cada neno e nena, durante o descanso e dous equipamentos que se poderán levar.

- Publicidade -spot_img