spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO encoro David Cal de Verducido reúne ao piragüismo galego

O encoro David Cal de Verducido reúne ao piragüismo galego

o-encoro-david-cal-de-verducido-reune-ao-piraguismo-galegoO vindeiro sábado día 6 de febreiro celébrase no encoro David Cal en Verducido o control de 5000m para as categorías Cadete, Xuvenil, Senior e Veterano, nas modalidades de canoa e kaiak tanto en categoría masculina como feminina.

A proba está organizada polo comité técnico da Federación Galega de Piragüismo. Esta regata é de carácter amigable e está incluída no programa de seguimento elaborado para o ano 2016.

A menos dun mes para o inicio das distintas ligas galegas os clubs buscan nesta competición saber o punto de forma que teñen os seus deportistas a estas alturas da tempada.

O elevado número de participantes maniféstase sobre todo na categoría home senior kaiak e veterano onde participan máis de 140 deportistas ou nos homes cadetes Kaiak que suman 98 participantes.

Estes datos mostran a tendencia ascendente dos últimos anos, onde a federación galega aumentou o seu número de licenzas considerablemente.

O control de 5000m concentrará a 500 deportistas da comunidade.

Doutra banda, o domingo celebrarase no mesmo lugar, o control de 5000m para as categorías Infantil A e B nas modalidades de canoa e kaiak tanto en categoría masculina e feminina que congregarán a máis de 200 deportistas.

O horario previsto para o sábado é o seguinte:

10:001HomeVeteranoKaiak
10:402HomeSeniorKaiak
11:153HomeJuniorKaiak
11:504HomeCadeteKaiak
12:305HomeVeterano, Senior e JuniorCanoa
12:336HomeCadeteCanoa
13:157MullerVeterano, Senior e JuniorKaiak
13:188MullerCadeteKaiak
13:219MullerSenior, Junior e CadeteCanoa

 

 

- Publicidade -spot_img