spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda homenaxeará a Julia Sobrino cun festival poético-musical «sorpresa»

A Guarda homenaxeará a Julia Sobrino cun festival poético-musical «sorpresa»

guarda-homenaxeara-julia-sobrino-cun-festival-poetico-musical-sorpresa-este-sabadoO Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, celebrará o vindeiro sábado, 17 de marzo, un festival poético-musical en homenaxe a Julia Sobrino, guardesa pioneira no ámbito cultural, social, empresarial e político na vila e a comarca.

O acto comezará ás 19:30 horas no Centro Cultural, sen que se coñezan máis detalles sobre o seu desenvolvemento. Así, a celebración será unha toda unha sorpresa para a homenaxeada, en agradecemento ao seu labor.

As cativas e cativos tamén terán oportunidade de achegarse á figura e obra de Julia Sobrino, na sesión de «Contos contados: Muller poeta» que terá lugar este mesmo sábado, ás 11:30 horas, na Biblioteca Pública Municipal. Alí, os nenos e nenas participantes poderán coñecer os poemas de Sobrino e elaborar, tras a lectura do poemario, poderán participar na elaboración dun mural en homenaxe á Sobrino e a tódalas mulleres poetas.

Sobre Julia Sobrino

Julia Sobrino é unha das mulleres máis destacadas no ámbito cultural e social guardés, por ter impulsado numerosas iniciativas en prol da dinamización da Cultura e a creación literaria e dramaturxia na vila. Así, Sobrino formou parte de numerosas obras teatrais en calidade de actriz e directora, e participou en diversos festivais poéticos. Foi impulsora do grupo de baile e gaitas Do Lusco ó Fusco e traballou na recuperación do traxe galego na Guarda. Sobrino é presidenta da Agrupación Cultural Guardesa dende 1988, foi concelleira do Partido Socialista durante tres lexislaturas e, no eido profesional, rexentou durante preto de medio século un dos establecementos máis tradicionais da Guarda

O acto de homenaxe enmárcase na programación especial con motivo do Día Internacional das Mulleres, coa que a Concellería de Cultura pon en valor o labor social e cultural realizado polas mulleres.

 

 

 

- Publicidade -spot_img