spot_img
InicioPontevedra e ÁreaEstudantes do Basque Culinary Center visitan o concello de Arbo

Estudantes do Basque Culinary Center visitan o concello de Arbo

estudantes-do-basque-culinary-center-visitan-o-concello-de-arboO pasado luns 26 de abril máis dun centenar de estudantes do Basque Culinary Center, coñeceron o proceso de elaboración da lamprea e o viño.

Na súa segunda visita a Arbo, os alumnos e alumnas, acompañados polo alcalde, Horacio Gil, profesores da Universidade e por membros do Consello Regulador, coñecían as Pesqueiras, esas Majestuosas construcións que parecen que abrazan ao río Miño e onde se captura a lamprea en Arbo e fixeron un percorrido polo Centro de interpretación do viño e a Lamprea “ Arabo” onde  o responsable do museo deulles  as explicacións pertinentes e visitaron algunha das Adegas con D.O. Rías Baixas.

Como peche do acto asistían á elaboración da lamprea en varios estilos e a súa posterior degustación. O Basque Culinary Center é unha Universidade pioneira a nivel mundial. Son membros do seu Padroado MONDRAGON UNIBERTSITATEA, sete dos mellores chefs vascos, empresas líderes no sector de alimentación e bebidas e AZTI Tecnali e Conta ademais, cun Consello Internacional coa implicación de once dos chefs máis influentes do mundo e ten como fin a formación superior, a investigación, innovación e promoción da gastronomía e a alimentación.

 

- Publicidade -spot_img