spot_img
InicioVal MiñorNigránBaixo o lema "Móllate polos Ríos" a asociación ecoloxista Adega limpará un...

Baixo o lema “Móllate polos Ríos” a asociación ecoloxista Adega limpará un ano mais o esteiro da Foz, na Ramallosa

nigran-participa-un-ano-mais-no-proxecto-mollate-polos-riosA iniciativa, que terá lugar o domingo 1 de outubro dende as 9.00 horas, lévase a cabo con persoal voluntario, que xa se pode apuntar chamando ao teléfono do Concello 986.365.000.

O Concello de Nigrán súmase por terceiro ano consecutivo ao “Proxecto Móllate polos Ríos” coordinado pola asociación ecoloxista Adega para limpar novamente o esteiro da Foz, na Ramallosa, o domingo 1 de outubro. Trátase da ‘X Limpeza Simultánea’ e terá lugar en ríos que atravesan medio cento de municipios de Galicia e sempre grazas ao labor de grupos de voluntarios, xa que se trata dunha iniciativa que busca a concienciación social. No caso de Nigrán invitarase a tódolos inscritos no proxecto de voluntariado para a rexeneración do sistema dunar de Praia América-Panxón e tamén está aberto a toda aquela persoa que desexe participar, que deberá inscribirse ata o venres 29 de setembro no teléfono do Concello 986.365.000 (chamando de 9.00 a 14.00 horas). O punto de encontro é xunto a capela da Alameda de San Campio (A Ramallosa) ás 9.00 horas horas para poder realizar a limpeza no esteiro  con marea baixa. O Concello facilitará camisetas conmemorativas á xornada, bolsas, luvas e pinchos para recoller o lixo máis comodamente,  recomendándose levar botas de auga. A xornada alongarase durante hora e media  aproximadamente finalizando cunha pequena merenda.

O Concello de Nigrán participa nesta xornada dende o ano 2015 baixo a iniciativa do goberno. Dende entón, grazas o labor dunha vintena de voluntarios, téñense retirado do esteiro de A Foz preto de dúas tonelada de lixo, principalmente botellas de vidro e material de construción e pesca, pero tamén tixolas, paraugas, cadeiras, xoguetes…

“Este é un día de sensibilización e concienciación medioambiental no que se pon de manifesta a necesidade da correcta xestión dos residuos ao tempo que amosamos que as pequenas accións valen moito. Dende o inicio eleximos o Esteiro de A Foz porque é un espazo que abrangue aos tres municipios do Val Miñor e que posúe unha gran riqueza natural que debemos preservar ao máximo entre institucións e veciñanza”, suliña o edil de Medio Ambiente, Diego García.

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

 

 

 

- Publicidade -spot_img