spot_img
InicioVal MiñorBaionaZona Franca de Vigo e Concello de Baiona acordan as condicións de...

Zona Franca de Vigo e Concello de Baiona acordan as condicións de instalación de emprendedores no novo viveiro da ‘Casa do Reloxo’

zona-franca-de-vigo-e-concello-de-baiona-acordan-as-condicions-de-instalacion-de-emprendedores-no-novo-viveiro-da-casa-do-reloxoA delegada de Zona Franca, Teresa Pedrosa acordou numa reunión mantida onte co alcalde, Angel Rodal, as bases que rexerán o funcionamento do novo viveiro da Casa do Reloxo, unha obra que o Consorcio realizou en tempo récord con fondos FEDER canalizados a través da Fundación Incyde.

Unha vez que se dote ao edificio do equipamento interior necesario, o que se producirá antes de que finalice o ano, será o concello de Baiona quen facilitará o persoal que atenderá este viveiro en coordinación coa dirección técnica do persoal do Consorcio que, desde Porto do Molle, encárgase dos programas de emprendimiento.

Pedrosa mostrou a súa satisfacción ao ver o resultado dunhas obras que en apenas 54 días sumaron ao Val Miñor un novo espazo de calidade dedicado á promoción de empresas. “Isto foi posible grazas ao traballo dos equipos técnicos pero sobre todo grazas a perfecta colaboración institucional e á colaboración constante do Concello de Baiona” sinalou.

Segundo o acordo subscrito entre Consorcio e Concello este viveiro de empresas terá unha especial dedicación a aquelas iniciativas cuxas actividades se desenvolvan contorna ao sector turístico, marítimo ou actividades lúdico-deportivas.

Cun investimento na obra de 950.000 euros, este viveiro é o terceiro centro destas características que o Consorcio da Zona Franca pon en marcha na provincia e a súa rehabilitación conseguiu devolver a Baiona un edificio emblemático, catalogado como pazo urbano, cuxa rehabilitación será acicate da recuperación da contorna.

A superficie total construída é de 433 metros cadrados que se distribúen en 212 metros cadrados de superficie para a planta baixa onde se situarán servizos de recepción, unha área de coworking de 100 metros cadrados e dúas salas de reunións; e en planta alta, en 211 m2 aloxará a seis oficinas de entre 16 e 19 metros cadrados. A combinación de materiais (pedra, madeira e cristal) máis a utilización de medidas de bioconstrucción como calefacción por geotermia, chan radiante e aproveitamento da luz natural, deron como resultado un interior moderno pensado por e para o confort as persoas que alí traballen.

zona-franca-de-vigo-e-concello-de-baiona-acordan-as-condicions-de-instalacion-de-emprendedores-no-novo-viveiro-da-casa-do-reloxoPara poder optar a un dos espazos que se alugarán a prezos inferiores aos de mercado -e nos que se desenvolverán programas de formación e de asesoramento para que os novos negocios prosperen cubrindo os servizos necesarios que unha pequena e mediana empresa necesita nos seus primeiros anos de vida-, é necesario que se presenten empresas de nova creación (ou como máximo cun ano de vida) e que deseñasen un plan de negocio viable.

Pedrosa adiantou que o mobiliario chegará antes de que finalice o ano co que as instalacións poderán estar a pleno funcionamento nos primeiros meses de 2016. “Este será sen dúbida un espazo que conxugará o pasado histórico de Baiona cun centro capaz de propulsar novas ideas e novos negocios”.

Coa posta en marcha da Casa do Reloxo, do actual viveiro de Porto do Molle e co novo viveiro dedicado ao sector aeronáutico e aeroespacial que tamén terá o seu espazo no mesmo parque empresarial, o Consorcio está a crear no Val Miñor unha área singular que xa está a destacar en diversos foros e publicacións polo seu apoio ao emprendimiento e a innovación.

Todos estes proxectos conseguiron realizarse con Fondos FEDER grazas á colaboración da Fundación Incyde polo que Teresa Pedrosa e o presidente da devandita Fundación, Javier Collado, realizarán este próximo xoves unha visita privada a todas estas instalacións.

- Publicidade -spot_img