spot_img
InicioVal MiñorBaionaXXXI Carreira Pedestre Popular de Baiona "ANDAR E CORRER 2015"

XXXI Carreira Pedestre Popular de Baiona “ANDAR E CORRER 2015”

Andar e Correr 2014 Baiona
Andar e Correr 2014 Baiona

O concello de Baiona, organiza un ano máis, unha nova edición da tradicional Carreira Pedestre popular “andar e correr” sendo neste ano 2015 o seu trinta e un aniversario o reto que se impón a organización, é alcanzar a cifra máxica das 3.000 inscricións, e é por iso, polo seu XXXI aniversario polo que dende a Concellaría de Deportes animan todos os veciños e visitantes a que participen na que é sen dúbida a festa do deporte para todos en Baiona.

A organización quere facer un chamamento público á participación e apuntar que o lema da carreira é “andar e correr”, polo que debe ser un obxectivo para todos compartir o sufrimento e finalizar estes 10 Km que enche de satisfacción a todos os participantes.

Ao igual que estes últimos anos, a carreira conta cun percorrido xa tradicional e coñecido por todos os amantes do deporte, reúne no seu percorrido o paso polas máis características rúas e o paso polo casco vello que fai da carreira de Baiona algo especial, sendo o perfil desta o que realmente fideliza aos deportistas co evento deportivo por excelencia de Baiona.

Andar e Correr 2014 Baiona
Andar e Correr 2014 Baiona

 

A carreira comeza a partir das 10.00 h do día 23 de agosto dende o Parque da Palma para os máis pequenos, repartido nas seguintes categorías: 10.00 h Benjamines (7 -9 anos), cunha distancia de 750 metros, 10.10 h Alevín Masculina (10 -12 anos), cunha distancia de 1.500 metros, 10.20 h Pre-Benjamínes (5 -6 anos), cunha distancia de 400 metros, 10.30 h Chupetes (4 a 2 anos), cunha distancia de 80 metros, 10.45 h Alevín Femenina (10-12 anos), cunha distancia de 1.500 metros.

Andar e Correr 2014 Baiona
Andar e Correr 2014 Baiona

A partir das 11.00 h tense previsto, dende a entrada ao Parador Conde de Gondomar, dar a saída á carreira de adultos cun marabilloso percorrido de 10 Km., unha vez finalizada a carreira farase entrega dos trofeos e regalos a todos os participantes.

A organización, a través dos seus patrocinadores; Cocacola,Haribo, Grupo Soil, Agama academia de masaxe, deputaciónProvincial de Pontevedra, Larsa, Froitas Neves, Parador Conde deGondomar, e todos os clubs deportivos que este ano como novidade se suman en masa na organización da carreira achegando os máis de 150 voluntarios para o presente evento que esperamos que sexa da satisfacción de todos.

Andar e Correr 2015 BaionaOs servizos dos que dispón a carreira van dende o sistema informático para ofrecer tempos e clasificacións a todos os participantes, servizo de duchas no Pavillón Municipal, servizo de masaxe para a recuperación de lesións a través da Academia Galega de Masaxe e as atencións médicas de ambulancia, médicos e protección civil, chegando á cifra de 150 persoas involucradas na organización e control da carreira.

Para inscribirse e obter toda a información necesaria a través do portal www.andarecorrer.com

Nota aclaratoria – A organización avisa que as inscricións da Carreira Pedestre Popular “andar e correr” comezan o próximo día 15 de xullo e que o último día para formalizar inscricións é o día 19 de Agosto ata as 24.00 hora.
A recollida de números establécese dende o día 20 e 21 de agosto na oficina do Pavillón de Deportes Municipal no horario de 9.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 h, tendo que presentar os corredores da carreira dos 10 km o xustificante de pagamento para a retirada do seu número.

Para maior información dirixirse ao Pavillón de Deportes Municipal ou chamar o T: 986.356.558.

- Publicidade -spot_img