spot_img
InicioVal MiñorBaionaXornada Mancomunada de Almorzos Saudables no Val Miñor

Xornada Mancomunada de Almorzos Saudables no Val Miñor

Xornada-Mancomunada-de-Almorzos-Saudables-no-Val-MiñorEste martes, tivo lugar na Residencia de Tempo Libre de Patos unha Xornada Mancomunada de Almorzos Saudables na que participaron 150 alumnos/as pertencentes aos Centros de Educación Infantil e Primaria de Serra-Vincios, Da Cruz-Camos, Fontes Baiña, Belesar e Sabarís.

Esta xornada foi realizada polo alumnado traballador do Obradoiro De Emprego Terras do Miñor III, que foron os encargados/as de guiar aos escolares nos diferentes talleres que se levaron a cabo, onde os máis pequenos/as se converteron en xefes de cociña elaborando, macedonias de froitas e madalenas integrais que posteriormente puideron degustar xunto cos boliños con tomate e ibérico e os iogures con marmelada e froitos secos que prepararon os alumnos/as traballadores/as de Operacións Básicas de Cociña e serviron os Alumnos/as traballadores/as de Servizos de Restaurante.

A visita dos escolares rematou, cunha charla formativa sobre comidas saudables impartida pola Naturópata Terapeuta Gloria Pérez.

 

Xornada-Mancomunada-de-Almorzos-Saudables-no-Val-Miñor

Xornada-Mancomunada-de-Almorzos-Saudables-no-Val-Miñor

Xornada-Mancomunada-de-Almorzos-Saudables-no-Val-Miñor

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.