A Câmara Municipal de Valença promove, unha Recreación Histórica Evocativa do papel de Valença do Minho na 2ª Invasión Francesa (1809).Douscentos dez anos despois a Fortaleza de Valença vai revivir algúns dos momentos históricos das invasións francesas e das loitas entre os portugueses e as tropas napoleónicas.
Para recrear a vida militar da Fortaleza de Valença, na época da 2.ª invasión francesa, o sábado, día 13 de xullo está programada unha recreación de varios momentos como, parada, acampamento, exercicios, fogo de artillería, a defensa e o ataque á Fortaleza e o baile oitocentista.
A historia dos asedios das tropas francesas á Praza-Forte, a partir de Tui foi longa, á que seguiu o cerco a 9 de Abril de 1809, a capitulación da praza a 10 de abril de 1809 e a saída do exercito francés a 17 de abril de 1809.
Na coroada, será montado un acampamento, a partir do cal se desenrolará toda a actividade
Con esta iniciativa pódese reviver e entender mellor os principais momentos da invasión; os oito días da ocupación de Valença, a presión militar, a vida da Praza ocupada e a defensa intelixente do governador, Custódio César de Faría.
A iniciativa é do Municipio de Valença e do Grupo de Recreación Histórica do Municipio de Almeida e intégrase na candidatura da Fortaleza de Valença a patrimonio mundial da UNESCO. Trátase dun proxecto de animación cultural e histórico-militar, envolvendo cerca de 40 recriadores históricos.

Programa:11H30 – Içar da Bandeira e Hino Nacional
Praça da República
14H/17H – Demonstração de disparos de mosquetes, canhões e peças de artilharia;
Rondas, sentinelas e marchas
Coroada e Praça da República
Rondas, sentinelas e marchas
Coroada e Praça da República
17H30/18H30 – Baile Oitocentista
Praça da República
Praça da República
19H – Encerramento – Arrear da Bandeira Nacional e Hino



