Inicio Pontevedra Val Miñor Valemprego: Mellorando a empregabilidade, iniciativa dirixida prioritariamente a desempregados do Val Miñor...

Valemprego: Mellorando a empregabilidade, iniciativa dirixida prioritariamente a desempregados do Val Miñor

A iniciativa, dirixida prioritariamente a desempregados dos tres concellos do Val Miñor pero aberta a outros públicos, ten como obxectivo dar a coñecer de forma concreta e directa información relacionada co emprego por conta propia e allea, así como programas públicos relacionados co fomento do emprego.

O proxecto Valemprego: Mellorando a empregabilidade, comezou o mes de xuño, e tras o parón estival, retoma a súa actividade de setembro a decembro do presente ano.
ValempregoO Salón de Plenos municipal de Nigrán acolleu o pasado 5 de Xuño a presentación de Valemprego, un proxecto comarcal desenvolvido polo tres concellos do Val Miñor, dirixido principalmente a desempregados empadroados nos municipios de Baiona, Gondomar e/ou Nigrán, pero tamén aberto a asociacións, asesorías, empresas de auditoría, etc., que queiran actualizar os seus coñecementos sobre ferramentas de promoción da actividade laboral.
O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, acompañado polos alcaldes de Baiona e Gondomar, Jesús Vázquez Almuiña e Fernando Guitián, e polas concelleiras de emprego de cada concello, presentaron hoxe esta iniciativa, que ten como obxectivo dar a coñecer de forma concreta e directa información relacionada co emprego por conta propia e allea, así como programas públicos relacionados co fomento do emprego desenvolvidos desde outras administracións e organismos.
Valemprego comezou en xuño, e tras o parón nos meses de verán, retoma a súa actividade en setembro, prolongándose até decembro do presente ano. En total, ofreceranse tres charlas mensuais de temáticas concretas, unha en cada municipio da comarca, coordinadas polos servizos municipais de emprego e impartidas por técnicos dos organismos colaboradores, como a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, a REDE Eures, a Seguridade Social, etc.
Para facilitar a xestión e organización do proxecto, creouse unha conta de correo electrónico valemprego@gmail.com, a través da cal se poderá realizar calquera dúbida ou consulta, así como formalizar a preinscrición en Valemprego.
PROGRAMACIÓN DE VALEMPREGO (setembro)

Nome da actividade:.
Información sobre os puntos PAIT para a constitución de empresas e outros servizos da Antena camaral,
Localización: Centro Neural de Gondomar situado no Campo das Cercas de Gondomar
Fecha: septiembre: 30 de setembro ás 10.00 horas

Nome da actividade:
O posicionamiento das empresas nas redes sociais. As novas axudas do programa Leadere empresas das zonas rurais 2014-2015.
Breve descripción: e-commerce, NTICS, etc.
Localización: Centro Municipal Angel Bedriñana, rua Carabela La Pinta nº 11 de Baiona
DATA DE REALIZACIÓN: 18 de Setembro às 10,00h
PONENTE/S Deputación

Nome da actividade:
Os certificados de profesionalidade y acreditación de competencias profesionais, contenido y tramitación.
Localización: Centro Antena de Nigrán en rúa Calle Otero Pedrayo nº 52 de Nigrán.
Fecha: septiembre. 23 de setembro às 10.00 horas.
PROGRAMACIÓN DE VALEMPREGO (próximos meses)

Nome da actividade: O cooperativismo como fórmula de emprendimiento.
Breve descrición: información sobre o cooperativismo.
Localización: Gondomar.
Data: outubro.

Nome da actividade: Seguridade Social e contratación.
Breve descrición: novidades lexislativas sobre a contratación e Seguridade Social por conta allea.
Localización: Baiona.
Data: novembro.

Nome da actividade: recursos municipais para o emprego.
Breve descrición: recursos do emprego nos municipios.
Localización: a determinar.
Data: decembro.

2. EMPREGO POR CONTA ALLEA

Nome da actividade: novas ferramentas na procura do emprego.
Breve descrición: importancia das RRSS.
Localización: Nigrán.
Data: outubro.

Nome da actividade: o traballo fóra de España Rede EURES.
Breve descrición: as oportunidades da procura de emprego no ámbito europeo.
Localización: Baiona.
Data: outubro.

Nome da actividade: a evolución do mercado laboral.
Breve descrición: o novo perfil do traballador, nova tipoloxía E, etc.
Localización: Gondomar.
Data: novembro.

3. OUTROS

Nome da actividade: a formación.
Breve descrición: formación dual, FP a distancia, etc.
Localización: Nigrán.
Data: novembro.

Aquelas persoas interesadas en anotarse en calquera destas sesións informativas, que teñen carácter gratuíto, poden realizalo a través da conta de correo electrónico valemprego@gmail.com ou ben chamando aos seguintes teléfonos 986 384 020 / 986 365 000/ 986 385 048.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies