Inicio Pontevedra Val Miñor contará con servizo de hospitalización domiciliaria a partir do 15...

Val Miñor contará con servizo de hospitalización domiciliaria a partir do 15 de decembro

Val Miñor contará con servizo de hospitalización domiciliaria a partir do 15 de decembro Representantes de Povisa presentaron aos alcaldes de Baiona, Nigrán e Gondomar o servizo de hospitalización domiciliaria que a clínica privada concertada ofrecerá aos pacientes da comarca do Val Miñor a partir do próximo 15 de decembro e que estará plenamente operativo a finais de xaneiro de 2015.

O obxectivo das unidades de Hospitalización a Domicilio é ofrecer aos pacientes ingresados “unha alternativa” á hospitalización, de forma que poidan recibir atención sanitaria e tratamento nos seus propios domicilios.

A través deste servizo, os equipos sanitarios realizarán unha media de dúas ou tres visitas semanais para controlar os síntomas, administrar a medicación e tamén para procurar acompañamento psicolóxico aos pacientes, sinala a nota do Sergas.

O servizo está indicado para enfermos crónicos que requiren tratamentos hospitalarios ou coidados paliativos Para iso, un equipo composto por un médico e dúas enfermeiras da unidade de Hospitalización de Povisa en colaboración cos profesionais dos centros de saúde da área acudirán ás casas dos pacientes de luns a venres de 9,00 a 21,00 horas e os sábados de 9,00 15,00 horas.

Tal e como trasladou o Sergas, con este servizo “mellórase de forma importante a calidade asistencial ofertada”, posto que os usuarios poden acceder a prestacións sanitarias especializadas nos seus propios domicilios.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies