spot_img
InicioVal MiñorGondomarUn novo podio para o Club Serra de Gondomar de "tiro con...

Un novo podio para o Club Serra de Gondomar de “tiro con arco”

Club-Serra-GondomarNa terceira tirada de liga Galega de bosque 3d, organizada polo Club A Curota, nos montes de San     Isidro (A Proba do Caramiñal) A Coruña, os arqueiros participantes foron un total de noventa e tres.

Cunha mañá desapracible climatoloxicamente, con continuas chuvias esporádicas, os arqueiros do Club Serra de Gondomar, tiveron que desafiar o tempo e facer fronte a 20 dianas nun percorrido moi complexo e escorregadizo.

O Club Serra de Gondomar desprazaba 9 arqueiros, 5 en categoría sénior Israel Martínez, Mónica Ledo, que se lesionou a metade da competición nunha man, Iago Moeriras, Diego Presa e Marco Melón os cales se colocaron entre os 10 primeiros clasificados nas súas correspondentes categorías.

En menores de 14 anos as circunstancias foron máis favorables para o club, xa que Iker Barbero se colocaba entre os seis mellores de arco instintivo e Anxo Martínez conseguiu o cuarto posto, en arco composto.

O primeiro posto sería o de Rubén Rodríguez Alleres en arco composto, conseguindo a primeira praza na liga Galega de percorridos de bosque a falta de 3 probas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.