Con motivo do Día do Pai, Terras Gauda propón brindar pola infinita variedade de trazos que caracterizan a cada pai, e facelo co buque insignia da adega desde hai 30 anos, distinguido tamén polos seus especiales e característicos trazos.
A autenticidade é unha dos acenos de identidade dos nosos pais, pero tamén o é de Terras Gauda 2020, que mestura as nobres variedades autóctonas Albariño, Caíño Blanco e Loureiro logrando un viño único. Como eles. Por este motivo, este ano propón un brinde moi especial.
Na mesa do comedor, no sofá do salón, a través do computador ou por teléfono. O importante este 2021 é lembrar a nosa orixe, as nosas tradicións. Porque aínda que este último ano cambiouno todo, a esencia de Terras Gauda é a de sempre.
A anada de 2020 destaca pola súa poderosa estrutura, carácter e complexidade, que tamén achega frescura, alegría e vivacidade. Neste caldo fúndense aromas de mandarina, pel de laranxa e melón maduro, con agradables recordos minerais e terrosos.
Un viño pracenteiro, e con longo final, idóneo para maridar con peixes e mariscos, pero tamén con comida asiática, carnes brancas e arroces.