spot_img
InicioVal MiñorGondomarSegue aberta a inscrición para o curso gratuito de pintor/a en Gondomar

Segue aberta a inscrición para o curso gratuito de pintor/a en Gondomar

O prazo rematará o próximo mércores 25 de febreiro

O Centro de Información á Muller de Gondomar, pon en marcha neste ano 2015 un novo curso de pintor/a dirixido preferentemente a mulleres de Gondomar paradas de longa duración.

O curso gratuíto e de 80 horas de duración, repartido en 40 horas de formación teórica e 40 de formación práctica, ten como obxectivo proporcionar coñecementos básicos sobre os diferentes tipos de pinturas, preparado de superficies, condicionantes de aplicación e remates, incluíndo formación en prevención de riscos laborais en traballos de pintura.

O curso espertou grande interese entre os veciños/as de Gondomar, xa que son poucas as prazas que aínda quedan libres. Para todos aqueles que desexen participar, recordar que o prazo de inscrición segue aberto e que rematará o próximo 25 de Febreiro.

A inscrición poderá formalizarse no Centro de Información á Muller sito na Casa da Cultura, R/ Portugal s/n; no teléfono 986 360 224 ou nos correos electrónicos cim@concellodegondomar.com ou aio@concellodegondomar.com.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.