spot_img
InicioVal MiñorBaionaRodal e González acoden á entrega do primeiro Premio Vilas Mariñeiras outorgado...

Rodal e González acoden á entrega do primeiro Premio Vilas Mariñeiras outorgado a Carlos Herrera

rodal-e-gonzalez-acoden-a-entrega-do-primeiro-premio-vilas-marineiras-outorgado-a-carlos-herrera

O Alcalde de Baiona, Angel Rodal Almuiña, e a Concelleira de Turismo, Beatriz González Pérez, desprazáronse a Madrid con motivo da celebración de Fitur. Rodal e González estarán na capital durante tres días para estar presentes en diferentes reunións de traballo e varios actos co fin de proxectar nacional e internacionalmente a imaxe vila de Baionay o seu turismo.

O rexedor baionés e a concelleira estiveron no pavillón de Asturias con motivo da entrega do primeiro Premio Vilas Mariñeiras a Carlos Herrera outorgado polos nove concellos, entre os que se atopa Baiona(unha das vilas fundadoras da asociación), que forman parte deste selecto club de municipios turístico-costeiros do norte de España. Os consistorios de Baiona, Ortigueira, Sanxenxo, Viveiro, Laredo, San Vicente de la Barquera, Santoña, Llanes e Ribadesella consideran que o director de ‘Herrera en COPE’ é merecedor destas honras pola divulgación que fixo destas vilas e pola súa “constante promoción dos valores que identifican as vilas pertencentes a esta asociación”, en diferentes medios de comunicación para os que traballa e colabora.

Estes valores son o “agarimo pola tradición”, a “exaltación da identidade mariñeira, respecto aos usos pesqueiros sustentables, mimo pola acollida turística e defensa da excelencia das súas delicias gastronómicas”.

Un trofeo que Carlos Herrera incorporará a unha copiosa vitrina persoal na que destacan catro Premios Ondas, tres Antenas de Ouro, un Micrófono de Ouro, dous Micrófonos de Prata, a Medalla de Andalucía ou o Premio Nacional de Xornalismo, entre outros moitos.

Herrera na súa intervención encomiou o enorme esforzo das 9 localidades por potenciar incansablemente esta marca ao longo dos 15 anos de percorrido desde a súa creación alá polo ano dous mil. O locutor describiu as vivencias experimentadas en cada un das vilas integrantes, pois sinalou que coñece todos e cada un dos recunchos dos 9 municipios.

En canto a nosa real vila, Herrera confesou sentirse namorado dos seus atardeceres e da súa gastronomía. Con ese acto público, Vilas Mariñeiras fortalece a visibilidade nacional desta marca turística.

rodal-e-gonzalez-acoden-a-entrega-do-primeiro-premio-vilas-marineiras-outorgado-a-carlos-herrera

Pola tarde o Alcalde de Baiona e a Concelleira de Turismo acudiron á primeira asemblea xeral de Vilas Mariñeiras do 2016, xunto co resto de representantes dos nove municipios integrantes da asociación.

Durante a reunión marcáronse as liñas de traballo a seguir neste ano que acaba de comezar. Acordouse deseñar un plan estratéxico promocional que por vía de urxencia permita dinamizar as accións e a presenza de Vilas Mariñeiras no panorama nacional e internacional. Un plan que está a dar os seus primeiros pasos en Fitur.

Outro dos obxectivos máis inmediatos tratados durante o cume turístico é a dinamización, actualización e modernización da web institucional da asociación. A prioridade pasa por que a web sexa ‘responsive’ para que poida adaptarse aos distintos soportes telemáticos (móbiles, tablets e computadores) e que dea unha prioridade á integración coas redes sociais».

Así mesmo, no encontro os representantes dos diferentes municipios acordaron proxectar o anuncio e o vídeo de Vilas Mariñeiras un anuncio conxunto de tres minutos de duración e un vídeo de seis que se elaborou a partir de imaxes dos vídeos promocionais cos que xa contan os nove destinos. En ambos os vídeos a vila mariñeira de Baiona ten un gran protagonismo. Unha medida que permitirá trasladar a súa proxección aos pavillóns que as tres comunidades autónomas, Asturias, Galicia e Cantabria, teñen na feira internacional madrileña.

As imaxes de Baiona e o resto de vilas mariñeiras tamén se proxectará durante os días de Fitur nas pantallas dos intercambiadores de Praza Castela, Praza Elíptica e Moncloa.

Tamén se acordou entre os municipios que os vídeos se visionen nas súas respectivas oficinas de turismo.
Rodal, secretario da Asociación, mostrouse moi positivo tras a reunión: “Formar parte de Vilas Mariñeiras é formar parte dun proxecto turístico importante que une baixo un mesmo obxectivo a nove vilas mariñeiras do norte de España e que beneficia á proxección da imaxe de Baiona máis aló das nosas fronteiras. Co apoio de vilas a nosa localidade darase a coñecer en numerosas casetas durante esta feira internacional de turismo. Ademais, este compromiso perdurará máis aló de Fitur facendo unha gran promoción turística da nosa vila”.

- Publicidade -spot_img