Este ano, nomeáronse nove valedores do viño tinto, entre os que figuran persoas vinculadas a isto por tradición, afición ou circunstancias da vida. Todas as persoas nomeadas gardan anécdotas curiosas e interesantes sobre o viño tinto.
Durante a celebración da cata final e o acto de investidura dos valedores do Viño Tinto do Salnés, probáronse os 12 viños tipo Barrantes e os 12 de tipo autóctono que pasaron as precatas finais. Esta cata final levouse a cabo este sábado ás 13:00 horas e tamén serviu para nomear ós seguintes “Valedores do Viño Tinto do Salnés”.
VALEDORES 2023:
- José Luis Cabarcos Corral
- José Luis Aragunde Soutullo
- José Abal Vázquez
- Eusebio Baña Rivas
- Juan Luis Álvarez Ares
- Edelmiro Martínez Rodiño
- Elena Ferro Lamela
- Javier Jamardo Costas
- María Luisa Cousido Maquieira
Compartimos tamén unhas breves notas sobre a súa relación co viño tinto:
- José Luis Cabarcos Corral: desde os 17 anos visitaba as feiras do gando cun dos seus familiares coa escusa de tomar unha cunca de tinto e unha ración de polbo. O viño tinto trasládao a esa época súa de xuventude.
- José Luis Aragunde Soutullo:
- José Abal Vázquez: participou en todas as edicións da Festa e sempre foi un gran defensor do viño tinto.
- Eusebio Baña Rivas: naceu detrás dunha taberna onde se servía viño, aínda hoxe continúa moi vencellado a este caldo e lembra aqueles tempos con ledicia e segue brindando con tinto.
- Juan Luis Álvarez: Participou activamente nas 6 ou 7 primeiras edicións da festa traballando na colocación de carteis e poñendo viños, entre outras tarefas relacionadas coa organización da festa.
- Edelmiro Martínez Rodiño: leva toda a vida vinculado á produción de viño tinto malia non ser a súa profesión. No ano 75 tiña na casa 10 ferrados de viño tinto.
- Elena Ferro Lamela: é zoqueira e ten un modelo de zocos que se chama Barrantes, xa que durante moitos anos asistiu coa súa familia ás feiras da Armenteira e da Lanzada. Despois facía unha parada obrigatoria para cear en Barrantes. Un dos praceres favoritos da súa nai era mollar o pan na taza do viño de Barrantes.
- Javier Jamarco Costas: tivo que facerse cargo dos viñedos debido a unha situación familiar, e este labor converteuse para el nunha afición. Forma parte do comité de catas desde hai anos.
- María Luisa Cousido Maquieira: de tradición familiar vitivinícola, 50 anos despois de que seu pai gañara o primeiro premio da Festa do Tinto, ela convértese en valedora.
O pregoeiro desta edición foi Luis Zahera, actor galego e recentemente gañador dun premio Goya.
O Concello de Ribadumia anima a todos os veciños/as e visitantes a asistir á 50 edición da Festa do Viño Tinto, un evento que festexa a tradición, a cultura e a paixón polo viño. Esta experiencia brindará a oportunidade de que as persoas se somerxan na historia e na identidade de Barrantes e Ribadumia.