spot_img
InicioVal MiñorNigránRemataron ás obras de mellora da ETAP (Estación de Tratamiento de Agua...

Remataron ás obras de mellora da ETAP (Estación de Tratamiento de Agua Potable) e da ampliación da rede de abastecemento a Camos

remataron-as-obras-de-mellora-da-etap-estacion-de-tratamiento-de-agua-potable-e-da-ampliacion-da-rede-de-abastecemento-a-camos

A reforma da ETAP supón unha maior capacidade de potabilización, aproveitamento dun 5% máis de auga e mantemento da súa calidade e volumen durante todo o ano.

 O alcalde de Nigrán, Juan González, recepcionou onte de mans de Augas de Galicia o remate das obras de mellora da ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potable) e da ampliación da rede de abastecemento a Camos. A actuación, financiada polo organismo da Xunta e con fondos europeos Feder, contou cun orzamento total de preto de dous millóns de euros (808.281,64 euros en Camos e 1.007.712, 87 na ETAP) e suponó unha mellora na capacidade potabilizadora da pranta e o primeiro paso para achegar o abstecemento á parroquia de Camos.

CIMG7073 (Copiar)Así, en Camos instalouse unha rede xeral soterrada ao longo  de 3.110 metros da PO-332 dende o torreiro de As Angustias ao Centro Cultural A Camoesa (rúa dos Pazos, na beiravía dereita en dirección a Camos). Esta nova canalización xa rematada permite que os veciños a súa beira xa se poidan conectar e, nun futuro, partirán de aí as redes secundarias das poboacións da zona, tanto para esta parroquia como para Parada, núcleos de Nigrán e incluso permitiría unha mellora da conexión ao polígono industrial Porto do Molle, polo que se instalaron arquetas e cruces para as redes secundarias. “Esta obra non significa que con ela chegue o abastecemento de auga de forma definitiva a Camos, pero sí é o primeiro paso para que nun futuro poida ser así, xa que desta conexión xeral partirán as secundarias aos diferentes barrios”, asegura Juan González, alcalde de Nigrán.  Os veciños destas zonas abastécense mediante pozos ou traídas comunais que se nutren de manantiais, polo que o goberno entende que se debe dar resposta a esta demanda histórica de xeito inmediato e se compromete a que así sexa non catro anos de mandato.

Mellora na ETAP

Por outra banda, o rexedor recepcionou as obras de mellora na ETAP, que xa permiten que a estación depure 200 remataron-as-obras-de-mellora-da-etap-estacion-de-tratamiento-de-agua-potable-e-da-ampliacion-da-rede-de-abastecemento-a-camoslitros/segundo procedentes de Zamáns, aproveitando un 5% máis de auga que antes e aumentando considerablemente a súa eficiencia. Segundo expoñeron os técnicos, engadíronse novas etapas de tratamento e unidades de filtración co propósito de que no verán, momento de peor calidade da auga e de escasez, non disminúa a súa calidade e manteña ao mesmo tempo o volumen de potabilización. O abastecemiento de Nigrán prodúcese a través dunha conducción dende Zamáns, sen embargo, en determinadas épocas do ano, debido ao incremento dos sólidos en suspensión, producíase unha “sobrecarga” do sistema de depuración, polo que se rexistraban deficiencias no tratamento e no sistema. “A mellora permítenos estar máis preparados de cara aos meses estivais, cando a poboación se multiplica e, por tanto, a demanda de consumo tamén”, engadiu González.

 Finalmente, ante preguntas dos diferentes medios, González confiou en que despois de manter diversas reunións coa Xunta o organismo autonómico Augas de Galicia rectifique na súa decisión de anular o convenio de abastecemento a Parada e o reactive de xeito inmediato (do contrario o pleno ao completo do Concello facultou ao alcalde para interpoñer un recurso).

- Publicidade -spot_img