spot_img
InicioVal MiñorNigránRécord de participación na 3ª Edición do Torneo Tenis-Praia AGTP DROP SHOT...

Récord de participación na 3ª Edición do Torneo Tenis-Praia AGTP DROP SHOT en Panxón

Récord-participación-3ª-Edición-Torneo-Tenis-Praia-AGTP-DROP-SHOT-Panxón

O terceiro torneo de tenis-praia AGTP DROP SHOT organizado polo Concello e a Asociación Galega de Tenis Praia arranca este venres ás 16.00 horas no areal de Panxón con récord de participación en toda a comunidade e no muncipio.

Un total de 60 persoas de categoría absoluta (dende 15 anos) competirán en parellas nas modalidades mixta, feminina e masculina ata o domingo sempre e cando non chova. “O Concello aposta por fomentar o deporte entre a veciñanza e este tipo de competicións animan a moita xente a participar e a facerse afeccionados, así é que cada ano se incriben máis persoas”, comenta o alcalde, Juan González.

Un total de 30 parellas de toda Galicia disputarán ata o domingo en Panxón esta terceira edición

Récord-participación-3ª-Edición-Torneo-Tenis-Praia-AGTP-DROP-SHOT-Panxón

A competición desenrolarase cun sistema de grupos que permitirá os máximos enfrentamentos entre parellas e, finalmente, serán premiados o campión e subcampión de cada modalidade. Os horarios das competicións pódense consultar en www.agtenisplaya.es, xa que de preverse choivas adiantaránse os partidos. Se prima o bo tempo as finais serían o domingo pola tarde.

O tenis praia, denominado internacionalmente beach tennis, é unha modalidad deportiva que xurde da fusión entre os deportes de raqueta e os deportes de praia. Básicamente as reglas son iguais que no tenis pero se disputa cunhas palas semellantes ás de pádel, unha pelota especial e a rede a unha altura de 1,70 metros.

- Publicidade -spot_img