spot_img
InicioVal MiñorGondomarQuince moz@s de Gondomar reciben o diploma "Retoque Dixital Fotográfico" do programa...

Quince moz@s de Gondomar reciben o diploma “Retoque Dixital Fotográfico” do programa Actívache da Deputación de Pontevedra

Quince moz@s de Gondomar reciben o diploma "Retoque Dixital Fotográfico" do programa Actívache da Deputación de PontevedraO deputado e alcalde de Gondomar Fernando Guitián, xunto co concelleiro de Mocidade, Ignacio Troncoso, fixo entrega a pasada semana do diploma acreditativo do curso ?Retoque Dixital Fotográfico? promovido pola Deputación de Pontevedra dentro do programa Actívache.

Durante a formación, de 40 horas de duración, os alumnos participantes adquiriron nocións básicas sobre o mundo da fotografía e as posibilidades do retoque dixital co consecuente aumento das súas competencias artísticas valorables en moitos dos perfís profesionais demandados.

O programa Actívache da Deputación de Pontevedra inclúe diferentes actividades formativas e educativas no ámbito do tempo libre que responden as demandas da poboación nova da provincia co fin de potenciar movementos de participación e cooperación social á vez que mellora a formación elemental da mocidade

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.