Baiona e a Comunidade de Montes de Bahíña acaba de iniciar as obras necesarias para a mellora da seguridade vial na estrada da súa titularidade EP 2202 na Parroquia de Bahiña, fronte ao Colexio de Fontes.As obras consisten en realizar unha glorieta con illote central de diámetro 15 m, entre bordos da calzada, con dous carrís de 4 m, desviada cara á zona noroeste da calzada existente. Ademais procédese a modificar a situación da parada de autobuses para que os alumnos accedan ao centro con seguridade, a través dunha beirarrúa de 2 m de ancho de formigón. Outras actuacións a realizar son o rebaixe de rasante do vial existente e a mellora na sinalización vertical.
Con esta intervención contribúese á mellora do trazado aumentando a seguridade, funcionamento e claridade nos movementos peonís e de tráfico rodado.
O custo da obra ascende a máis de 180.000 € con cargo ao presuposto da administración provincial, sendo adxudicataria a empresa COVSA.
Coa finalización das citadas obras, cuxo período de execución se estima a súa terminación previo ao inicio do período escolar, mellorarase o acceso ademais do Barrio de Fontes ao Colexio CEIP Fontes.
Agradecemento á Comunidade de Montes de Bahiña pola posta a disposición dos terreos e con iso contribuír á mellora do vial existente.



