Programa Clara, un 40% das participantes están a traballar actualmente. A totalidade das mulleres que conseguiron empregarse fixérono no Sector Servizos, fundamentalmente no comercio e a alimentación.
O Programa que se está desenvolvendo a través da Mancomunidade do Val Miñor en colaboración co Instituto da Muller e o Fondo Social Europeo desde o ano 2013 tiña como obxectivo fundamental incrementar a empleabilidad das mulleres a través dunha mellor cualificación para o emprego con apoios máis personalizados.
Segundo os datos facilitados pola Mancomunidade, o balance da experiencia é moi positivo, pois grazas á gran implicación das empresas da comarca , o 40% das alumnas están a traballar actualmente .
No marco do programa , realizáronse dous itinerarios formativos: o curso ?Actividades Auxiliares de Almacén? e o curso ? Actividades Auxiliares de Venda? . as alumnas participan6tes recibiron unha formación teórica. Co obxectivo de pór en práctica os coñecementos adquiridos a Mancomunidade de Concellos de Val Miñor asinou convenios de colaboración con empresas da comarca nas que as alumnas realizaron prácticas
Para as prácticas do curso de Actividades auxiliares de venda asinouse convenio con : Estación de servizo Monterreal; Eroski Center; Carrefour Market; Maferga sl e para as prácticas do curso de Actividades auxiliares de almacén con : Esypro; Ferraxaría Valfer S.L; Parador Nacional de Baiona; Talaso Atántico.



