spot_img
InicioO SalnésPreto de 10.000 persoas pasaron pola carpa de degustación da Feira gastronómica...

Preto de 10.000 persoas pasaron pola carpa de degustación da Feira gastronómica de Arra

Preto de 10.000 persoas pasaron pola carpa de degustación da Feira gastronómica de ArraUn cadro do porto de Portonovo do ferrolán Manuel Carballeira Rivas logrou o primeiro premio no Certame de Pintura Rápida

Revista COUSAS DE Nº18

Arra pechou esta fin de semana una das edicións de maior afluencia de visitantes da Feira Gastronómica de Produtos Galegos. Preto de 10.000 persoas pasáronse pola carpa situada na praia de Montalvo para degustar a variedade da carta na cita coas zamburiñas e o polbo como pratos estrela.

O presidente da Asociación Cultural San Cayetano de Arra, Bruno Vidal, fai unha valoración moi positiva da festa na que se superaron as expectativas iniciais. “Calculando por capacidade dás mesas que había pola carpa pasaron esta fin de semana preto de 10.000 persoas achegadas desde distintos puntos de España, pero tamén viñeron moitos veciños”, asegura.

Preto de 10.000 persoas pasaron pola carpa de degustación da Feira gastronómica de Arra
A cita que cumpre o seu vixésimo terceira edición consolídase ano tras ano no calendario de festas gastronómicas cunha aposta clara de bos produtos a prezos populares. Non faltou nin a música que correu a cargo da Raíña do Vudú, a discoteca móbil Estudo 21 e Soalleira nin tampouco a tradicional queimada gratuíta.

Arra propón unha fin de semana de exaltación da gastronomía galega e unha cita cona pintura

 

O VIII Certame de Pintura Rápida ao aire libre celebrado onte serviu para poñer o broche de ouro ao fin de semana. Un total de 43 persoas participaron no concurso no que se repartiron 3.750 euros en metálico. Por segundo ano consecutivo, o ferrolán Manuel Carballeira Rivas fíxose co primeiro premio (1.000 €) na categoría de Adultos cun cadro do porto de Portonovo.

Preto de 10.000 persoas pasaron pola carpa de degustación da Feira gastronómica de Arra
O segundo premio (700 €) foi para Jose Gonzalo Rodiño e o terceiro (500 €) para Juan Carlos Triñanes. Os tres accésits dotados con 100 euros cada un foron para Jose Miguel Arranz, Isabel Seidell e Carlos Espiga. Na categoría Artista da Comarca o primeiro premio (500 €) foi para Eduardo Pérez e o segundo (300 €) para Abel Barandela. No apartado infantil, ata 12 anos, o primeiro premio (100 €) foi para Nayara Martínez e o segundo (50 €), para Adriana Norat. De 13 a 16 anos, o primeiro premio (200 €) foi para Jone Arranz e o segundo (100 €), para Naia Arranz.
O fallo do xurado, así como a exposición das obras realizáronse no Priorado de Arra onde tamén se realizou unha mostra de cadros de Isabell Seidel e Manuel Carballeira.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.