spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaPresentación na Guarda do Libro conmemorativo das Festas do Monte 2020

Presentación na Guarda do Libro conmemorativo das Festas do Monte 2020

Presentación na Guarda do Libro conmemorativo das Festas do Monte 2020Como xa se anunciou en datas pasadas, este ano as Festas do Monte Santa Trega están suspendidas, non se realizarán verbenas, desfiles, romarías nin fogos artificiais, ante as medidas de seguridade hixiene e saúde pública decretadas.

Na mañá deste xoves día 30 de xullo de 2020, o Salón de Plenos do Concello da Guarda acolleu a Presentación do Libro conmemorativo das Festas do Monte 2020, ao que acompaña outra edición cunha selección de cartelería e programacións dende o ano 1946 ata a actualidade, ámbolos dous exemplares libres de publicidade e que terán un custo de 10€ cada un. Os libros poderá mercarse nos puntos habituais de venda e coa compra dos dous exemplares se agasallará cunha rifa para a edición 2020 das Festas, nas que se sorteará un vehículo.

No acto de presentación participou o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes; o representante da Comisión de Festas, Manuel Castro e o representante de Infomaxe, Celso Rodríguez.

Neste acto tamén se aproveitou a ocasión para dar a coñecer o cartaz da vindeira edición, cunha fotografía obra de Arturo Martínez, destacando que as Festas do Monte 2021 celebraranse do 9 ao 16 de agosto.

Neste acto tamén se quixeron dar a coñecer as actividades de animación programadas para este ano 2020, que se levarán a cabo a pesar da cancelación dos platos fortes da festa, para manter con garantías as medidas de seguridade e hixiene pola pandemia do Covid-19.

Entre as actividades programadas destacan os pasarrúas que terán lugar todos os días da vindeira semana a media mañá polas rúas do pobo e nos que participarán diversos grupos de música tradicional do municipio.

No hall da Casa dos Alonsos colocarase unha pantalla onde se proxectarán diversos vídeos e fotografías sobre as Festas do Monte ao longo de toda a semana.

Coma acto conmemorativo e, debido a suspensión desta edición 2020 das Festas do Monte, os balcóns da Praza do Reló lucirán as bandeiras das Bandas Mariñeiras que participan cada ano no Desfile tradicional de bandas mariñeiras.

Na xornada do Sábado día 8 de agosto a Praza do Reló acollerá a emisión en directo por streaming dun magazine a través das redes sociais, con entrevistas a diferentes convidados, músicos, historiadores, representantes municipais e das bandas mariñeiras, de cara a lembrar o significado das Festas do Monte, a súa tradición, o día do desfile, o día do monte, e en xeral, todo o que acontece nas festas, cunha duración aproximada de dúas horas.

- Publicidade -spot_img