Os alcaldes de Nigrán, Juan González, de Gondomar, Paco Ferreira e de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, recibiron esta mañá no Concello a unha representación do Club Ciclista Rías Baixas, entidade con sede en Nigrán e á que se quixo recoñecer o seu esforzo e dedicación na promoción deste deporte.
Ao acto asistiron tamén José Antonio Vilán, vicerreitor da Universidade de Vigo (colaboradora do club) e o presidente do club, José Luís Chamorro.
Ao acto acudiron os ciclistas Aser Estévez e Alejandro Santos, recentes campións de Galicia nas súas respectivas categorías no miradoiro do Ézaro
Ao acto asistiron Aser Estévez e Alejandro Santos, os dous ciclistas que o pasado mes de xuño proclamáronse no Miradoiro de Ézaro campións de Galicia nas súas categorías colmando unha “tempada de película”, segundo o seu presidente.
Aser Estévez, da Guarda, logrou o título en Elite e é o xefe de filas. Esta semana buscará revalidar o seu triunfo no Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individidual que se celebrará en Ourense; é a súa primeira tempada no equipo e acumula resultados moi destacados, como o cuarto posto no Campionato de España Contrarreloxo.
Pola súa banda, Alejandro Santos, do Porriño, é o vixente campión nas categorías Sub-23; esta segunda campaña no club está a ser a da súa confirmación no campo amateur, representando a Galicia no Campionato de España disputado en Cáceres e esta semana vai participar na prestixiosa Volta a Palencia. O gran obxectivo dos dous neste final de tempada é a Volta a Galicia no próximo mes de setembro.
O Club Ciclista Rías Baixas é unha entidade deportiva con sede en Nigrán e que está presidida por José Luís Chamorro. Fundado en 1991, abarca todas as categorías e especialidades deste deporte. Este ano, por terceira campaña consecutiva, compite ao máximo nivel no pelotón Elite e Sub 23 por toda España e no estranxeiro.




