spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Trofeo Príncipe de Asturias pon o broche de ouro á tempada...

O Trofeo Príncipe de Asturias pon o broche de ouro á tempada de regatas do Monte Real Club de Yates

 

Trofeo-Príncipe-Asturias-pon-broche-ouro-tempada-regatas-Monte-Real-Club-Yates
El equipo de Vela Adaptada recibe el premio por su participación en el Trofeo Príncipe de Asturias.

 

A tripulación do Centro de Atención a Persoas Discapacitadas de Redondela, que participaba por vez primeira nunha competición deportiva, recibiu unha mención de honra

O Monte Real Club de Yates de Bayona acolleu este domingo a terceira e última xornada do Trofeo Príncipe de Asturias, coorganizado polo club baionés e a Escola Naval Militar de Marín, co patrocinio de Storax e Terras Gauda.

A última xornada da competición, patrocinada por Storax e Terras Gauda, consolidou as vitorias do Fifty, Movistar e Plano B nas clases ORC 1, 2 e 3

O de onte foi un día marcado polo escaso vento, que obrigou a aprazar o inicio da competición unha hora, e a reducir o número de probas previstas inicialmente no programa. Antes de escoitar o bocinazo de saída, a frota ao completo gardou un minuto de silencio en sinal de respecto e duelo polos falecidos no rali da Coruña.

O Mariña Coruña, patroneado por Pablo Martínez, asinou tres espectaculares etapas e levou un máis que merecido título de Campión Ibérico de J80

No campo dos ORC 1, situado no fondeadero das Illas Cíes, o Fifty do Monte Real Club de Yates, patroneado polo portugués Rui Ramada, fíxose unha xornada máis coa vitoria das probas e alzouse vencedor na súa clase. Os lusos gañaron tamén o Premio Don Juan de Borbón, que se entrega ao mellor barco portugués da competición.

Na Ladies Cup, a tripulación feminina liderada por Amparo Mollá fíxose o ouro do trofeo, que xa conseguira na edición de 2013

O podio dos ORC 1 completárono o Castrosúa, de Willy Alonso, que se fixo coa prata do trofeo; e os Aceites Abril, de Luís e Jorge Pérez Canle, do Real Club Náutico de Vigo que quedou en terceira posición.

Na clase ORC 2, a vitoria foi para o Movistar do Real Club Náutico de Sanxenxo, que sentenciou a competición con tres primeiros postos no tres xornadas celebradas. Os de Pedro Campos deixaron o segundo e terceiro posto para o Solventis do Monte Real patroneado por Malalo Bermúdez de Castro; e o Starfighter do Real Club Náutico de Vigo, que navegou con Xullo Rodríguez á cana.

A tripulación liderada por Nuno Ribas, conseguiu a bordo do Plano B colocar a grímpola do Clube de Vela Atlántico no máis alto do podio dos ORC 3, deixando ao seu ronsel ao Fend a Bise de Jean Claude Sarrade, do Monte Real. O Maracana Mediolanum de Luís Suárez, do Real Club Náutico de Vigo, conseguiu tamén coarse entre os premiados nesta trixésima edición do trofeo ao quedar en terceira posición.

Na competición en tempo real dos J80, o vencedor do trofeo foi o Mariña Coruña de Pablo Martínez, que asinou tres grandes vitorias no tres xornadas de probas. A pesar de que en todos os bastóns disputados pola frota houbo bastante igualdade, os do Real Club Náutico da Coruña destacaron sempre sobre o resto e fixéronse co Campionato Ibérico de J80. O segundo e terceiro posto foron para dous barcos do Monte Real Club de Yates: o Ferralemes de Enrique Porto e o Virazón patroneado por Gerardo Alonso.

A Ladies Cup pechou o Príncipe de Asturias cun balance de seis probas disputadas. A vitoria foi finalmente para as mozas da Federación Madrileña de Vela, lideradas por Amparo Mollá. A prata levoulla o equipo Natural Ladies, do Club de Regatas Burriana, con Conchi de Pedro á cana; e o bronce foi para o equipo do Monte Real Club de Yates, patroneado por Genoveva Pereiro.

Na clase ORC 4, o podio do trofeo conformárono dous barcos do club organizador, o Q Talento Consultores de Javier Rei e o Margem do Azul de Frederico Lópes; e un do Ro Yachts Club, o Aeris de Mariano Deus.

O Deep Blue de Vicente Cid, con grimpola do Real Club Náutico de Vigo, foi o vencedor dos ORC Open. O Chao de Fernand Arteaga, do Monte Real, e o Pitoucho do Liceo Marítimo de Bouzas, patroneado por José Carlos Ruiz, completaron os primeiros postos da xeral.

Os Clásicos no disputaron onte ningunha proba polo que a xeral non sufriu modificacións con respecto á xornada anterior. Ouro, prata e bronce foron, respectivamente, para o Belisa de José Manuel Cores, o Sara Ou de Xosé Avelino e o Arousa de Óscar Ortega.

Esta trixésima edición do Trofeo Príncipe de Asturias tamén decidiu a vitoria do III Circuíto Atlántico de Cruceiros, tras as probas celebradas este verán na Mateus Rosé Sailing Cup de Porto e no Cascais Vela 2015. O vencedor foi o Fifty, de Rui Ramada, tras asinar dous primeiros postos e un segundo.

Outros dos galardóns que se entregaron esta tarde no Monte Real foron os da Copa de España de ORC, que gañaron o Castrosúa de Willy Alonso, o Solventis de Malalo Bermúdez, o Maracaná Mediolanum de Luís Suarez e o Margem do Azul de Frederico Lopes en ORC 1, 2 3 e 4 respectivamente.

A tripulación do Centro de Atención a Persoas Discapacitadas de Redondela, que participaba por vez primeira nunha competición deportiva, recibiu unha mención de honra. Son un grupo de cinco alumnos da Escola de Vela Adaptada do club baionés, que comezaron a practicar vea este ano grazas ao programa “Lecer Activo” da Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia.

Coa entrega de galardóns aos gañadores púxose o punto e final a unha competición que marcou o punto álxido da tempada de regatas do Monte Real Club de Yates, que continuará a partir de outubro coa liga SabadellGallego de J80. Previamente, o próximo 12 de setembro, o club baionés coorganizará, xunto co Concello de Baiona e Verti Seguros, o Primeiro Vertiatlón Solidario de Baiona.

Trofeo-Príncipe-Asturias-pon-broche-ouro-tempada-regatas-Monte-Real-Club-Yates
El equipo de Amparo Molla de la Clase Ladies Cup vecedora del Trofeo Príncipe de Asturias.
Trofeo-Príncipe-Asturias-pon-broche-ouro-tempada-regatas-Monte-Real-Club-Yates
Marina Coruña vencedor en la clase J80 del Trofeo Príncipe de Asturias.
Trofeo-Príncipe-Asturias-pon-broche-ouro-tempada-regatas-Monte-Real-Club-Yates
El Fifty de Diogo Ramada vencedor en la clase ORC 1 del Trofeo Príncipe de Asturias y del III Circuito Atlántico de Cruceros.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.