spot_img
InicioVal MiñorBaionaO informe de ‘Vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia’, realizado...

O informe de ‘Vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia’, realizado pola Consellería de Sanidade, outorga a categoría de “Excelente” á calidade da auga, nas principais praias de Baiona e Nigrán

informe-Vixilancia-sanitaria-zonas-baño-Galiciarealizado-Consellería-Sanidade-outorga-categoría-Excelente-calidade-auga-principais-praias-Baiona-Nigrán

O informe de ‘Vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia’, realizado pola Consellería de Sanidade, outorga a categoría de “Excelente” á calidade da auga as praias de Nigrán: Playa América, Patos e Area Fofa (en Monteferro), e Baiona:  Barbeira, a Dos Frades e A Ladeira

Todos estes areais (Ladeira tras cuatro tempadas con cualificacións negativas, dende o pasado ano logra superar os controis). repiten o mesmo resultado por cuarto ano consecutivo (a última mostra foi o 29 de xuño de 2015, antes de que iniciase oficialmente a tempada, tal e como manda o protocolo)

Panxón (Nigrán) e Santa Marta, A Ribeira e A Concheira en Baiona.obtéñen a segunda mellor cualificación ao situarse como “Boa”. Todos estes areais repiten o mesmo resultado por cuarto ano consecutivo (a última mostra foi o 29 de xuño de 2015, antes de que iniciase oficialmente a tempada, tal e como manda o protocolo). Os análises, realizados por inspectores da sanidade pública dende a década dos 80, repítense ata unha decena de veces durante todo o verán (do 1 de xuño ao 30 de setembro) coa finalidade de difundir as cualificacións a tódalas partes interesadas (desde usuarios ata organismos estatais e autonómicos) e tomar medidas se fose preciso. Con estes datos se elabora o censo oficial das zonas de baño en toda a costa galega que se ven de publicar con tan bos parámetros para o municipio.

O servizo de Salvamento, Socorrismo e Primeiros Auxilios amplíase este ano ata o 15 de setembro e suma cinco novos profesionais

Outra das novidades deste ano é o aumento do número de socorristas nos areais de Nigrán e a ampliación da súa presencia ata o día 15 de setembro (ata agora finalizaban o 31 de agosto). Así, en cada un posto de salvamento figuran fixos dous socorristas e tres voluntarios de Protección Civil en horario de 12.30 a 20.00 horas.

O servizo de Salvamento, Socorrismo e Primeiros Auxilios é mancomunado, así, o ano pasado traballaban en total 20 profesionais para Nigrán e Baiona, e este ano contratáronse 23 coa previsión de aumentar a 25 (ambos municipios repártense practicamente ao 50% este número de traballadores.

Por outra banda, e como ven sendo habitual xa, ambos concellos manteñen o servicio de baño para persoas discapacitadas, así, dispoñen de cadeiras anfibias na zona de Lourido (Nigrán) e Barbeira (Baiona), que están á disposición dos usuarios interesados de 12.30 a 20.00 horas (no mesmo horario que o posto de Salvamento, xa que son estes profesionais os que se ocupan da súa utilización).

Máis información sobre o informe de ‘Vixilancia sanitaria nas zonas de baño de Galicia’: https://extranet.sergas.es/zonabaweb/ZONABA_GIS_WEB/Mapa.aspx?IdPaxina=62539

Silla anfibia Baiona - Nigrán

 

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.