O centro de educación infantil O Areal, situado na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa gañou o primeiro premio do concurso de hortos escolares ecolóxicos convocado pola asociación Vida Sa e a Fundación Triodos. O proxecto contou co apoio da Concellaría de Educación do Concello de Baiona.
A entrega do premio será o próximo 23 de outubro e este consistirá nunha achega de 1.000 euros que permitirá ao centro desenvolver o proxecto gañador. O centro puxo en marcha o pasado curso o Horto de Tontón, con actividades nas que participaron os nenos dos diferentes cursos de infantil, que vai de 3 a 6 anos.
O centro de Baiona é o único de toda Galicia presente na lista de premiados e finalistas no concurso de hortos ecolóxicos no que nas categorías de Primaria e Secundaria gañaron un centro de Zaragoza e outro de Madrid, respectivamente
O centro de Baiona é o único de toda Galicia presente na lista de premiados e finalistas no concurso de hortos ecolóxicos no que nas categorías de Primaria e Secundaria gañaron un centro de Zaragoza e outro de Madrid, respectivamente.
Na categoría de Infantil ademais do primeiro premio e do segundo entregarase un áccesit e houbo outro tres colexios finalistas mentres que tanto en Primaria como en Secundaria, ademais do tres mellores, houbo sete centros finalistas por cada ciclo.
Este premio ten como obxectivos dar a coñecer as iniciativas sobre hortos escolares dos centros educativos, incentivar aos docentes e ao alumnado para sacar adiante o horto escolar dentro da escola, crear unha base de datos colaborativa con actividades e proxectos onde o horto escolar ecolóxico é o protagonista, facer un recoñecemento ao labor educativo do profesorado e premiar as boas prácticas que fomenten unha educación compartida entre familia e escola, estimulando a rexeneración do compromiso familiar ante a educación.


![DSC07005 [800x600]](https://cousasde.com/wp-content/uploads/2015/10/DSC07005-800x600.jpg)



