spot_img
InicioVal MiñorGondomarO Gondomar Club de Fútbol recibe unha medalla de ouro polo seu...

O Gondomar Club de Fútbol recibe unha medalla de ouro polo seu centenario

O Gondomar Club de Fútbol recibe unha medalla de ouro polo seu centenarioO Concello de Gondomar celebrou onte, xoves día 19 de decembro, pleno extraordinario no Auditorio Luís Tobío para a entrega da medalla de ouro ao Gondomar Club de Fútbol con motivo do seu cen aniversarios como institución deportiva.

O presidente do Club, Alfonso Mandado, recibiu a medalla de ouro da man do alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, nun encontro que estivo acompañado pola actuación dun dueto como clausura do acto. A directiva do Club e antigos xogadores estiveron presentes no acto.

 

- Publicidade -spot_img