spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Concello de Baiona retira as algas da Praia Ladeira

O Concello de Baiona retira as algas da Praia Ladeira

Concello-Baiona-retira-algas-Praia-LadeiraO Concello de Baiona está a realizar unha coidadosa tarefa de retirada das algas que se atopan na beira da Praia Ladeira. Desde a Concellaría de Medio Ambiente, veñen realizando puntualmente ao longo do verán varias limpezas do sargazo xa que este ano hai máis algas do habitual debido ao aumento da temperatura da auga.

O responsable da área Angel Rodal manifestou que a operación se está realizando con máquinas específicas e cunha gran sensibilidade para non danar o medioambiente

As algas son retiradas en estado de putrefacción. Deste xeito a retirada non supón ningún problema para o ecosistema da zona xa que neste estado as algas xa depositaron os seus nutrientes. As plantas acuáticas serven para rexenerar o ecosistema do litoral porque achegan materia orgánica e nutrientes ás comunidades vexetais das profundidades mariñas e serven de alimento para peces, insectos e aves.

As algas acoden aos areais de forma periódica nun proceso que as desprende do fondo, das rocas nas que adoitan estar encostadas, e lévaas até a beira acompañadas polas mareas. Esta actividade biolóxica non adoita durar moito tempo, aproximadamente unha semana, pero pode prolongarse debido a que as mareas seguen levándoas ás praias na pleamar e recolléndoas na bajamar.

Se coinciden mareas grandes seguidas de mareas máis pequenas, o que se produce é unha acumulación de plantas acuáticas na area, pois non chega a auga até o lugar en que a última marea depositounas. Esas algas que quedan na praia comezan a secarse, nun proceso que non é insalubre.

O Concello de Baiona ordenou a limpeza das algas dada a importancia que ten o estado das praias, para que veciños e turistas poidan gozar dos espléndidos areais da vila.

 Concello-Baiona-retira-algas-Praia-Ladeira

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.