spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Concello de Baiona renova a súa pegada no Camiño Portugués pola...

O Concello de Baiona renova a súa pegada no Camiño Portugués pola Costa

 

Concello-Baiona-renova-pegada-Camiño-Portugués-CostaO Concello de Baiona está a realizar unha ardua tarefa de sinalización da simboloxía que indica o Camiño Portugués pola Costa que pasa polo municipio.

Co obxectivo de facer máis visible a simboloxía, facilitar e mellorar a peregrinación, a Concellaría de Medio Ambiente está a pintar a cuncha ou vieira que indica aos peregrinos o camiño cara á cidade santa. Coa nova sinalización os viaxeiros terán máis claro o camiño a seguir no 9,2 Km de peregrinación por terras baionesas.

Esta ruta de peregrinación xa tiña gran importancia na Idade Media e era utilizada por peregrinos procedentes das terras máis occidentais de Portugal, entre os cales se incluían os procedentes de países de ultramar que arribaban aos portos portugueses para chegar até Compostela

O Camiño Portugués pola Costa, que pasa pola vila de Baiona, conta cunha gran afluencia de peregrinos. Cidadáns de todo o mundo percorren a ruta. Proba diso dan os datos facilitados pola oficina de turismo que testemuñan que o 85% dos camiñantes son estranxeiros. Esta ruta de peregrinación xa tiña gran importancia na Idade Media e era utilizada por peregrinos procedentes das terras máis occidentais de Portugal, entre os cales se incluían os procedentes de países de ultramar que arribaban aos portos portugueses para chegar até Compostela.Concello-Baiona-renova-pegada-Camiño-Portugués-Costa

Os datos actuais acreditan que ao longo dos séculos o itinerario non perdeu esta importancia. O principal país emisor de peregrinos ao Camiño Portugués pola Costa é Portugal pero tamén destaca a cantidade de alemáns, polacos e estadounidenses que o realizan.

Así mesmo, e a pesar da distancia con estes lugares, o traxecto tamén recibe peregrinos de países como India, Malaisia, Kirghizistan, Corea, Nova Zelandia ou Canadá, atraídos pola beleza incomparable deste magnífico camiño de peregrinación; costeiro na maior parte do trazado.

O Camiño Portugués pola Costa, que transcorre desde A Guarda até Redondela, atravesa os municipios do Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, e Vigo ata que chega a Redondela, onde continúa a mesma ruta que fan os peregrinos procedentes do camiño portugués que transcorre polo interior.

Concello-Baiona-renova-pegada-Camiño-Portugués-Costa

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.