Inicio Pontevedra O Concello de Baiona inaugura unha placa no parque da Virxe da...

O Concello de Baiona inaugura unha placa no parque da Virxe da Roca en memoria de Mercedes da Escaleira

Concello-Baiona-inaugura-placa-parque-Virxe-Roca-memoria-Mercedes-Escaleira

O Concello de Baiona, en colaboración coa Comunidade de Montes Santa María de Afora, inaugurou unha placa no parque da Virxe da Roca en memoria de Mercedes Ruiz da Escaleira, unha das principais impulsoras da construción do monumento. A placa substitúe unha anterior deteriorada polo paso do tempo.

Coincidindo que este domingo se celebra a tradicional romaría da Virxe da Roca, até as inmediacións da área recreativa Mercedes Ruiz da Escaleira achegáronse numerosos familiares da muller para acudir ao acto en memoria da homenaxeada. A placa colocouse o pasado mes de febreiro pero esperouse até o verán para inaugurar de forma oficial o ferro xa que nestas datas é cando a maioría de familiares de Ruiz da Escaleira pasan os días estivais na vila de Baiona.

Vinte anos despois de ser inaugurado o Monumento da Virxe da Roca déuselle o nome de Mercedes Ruiz de Escaleira á chaira do parque, sendo alcalde de Baiona José Pereira Troncoso. Cos anos dita placa sufriu diversas agresións, tanto meteorolóxicas como de acción humana, que a fixeron ilegible.

Dona Mercedes Ruiz da Escaleira naceu en 1856. Era filla dun prestixio diplomático destinado en Filipinas. Aos 16 anos, en 1872, diagnosticáronlle unha tuberculose que os médicos sentenciaron como mortal. Ante tales feitos a súa familia decidiu que a nena percorrese varias cidades de Europa. Mercedes partiu xunto á súa nai e unha amiga cara a terras europeas. Visitaron, Paris, Roma…e a rapariga non melloraba o seu estado de saúde. Foi entoes cando a súa nai lembrou que un familiar lle falou dunha singular aldeíña situada nas Rias Baixas, era a vila de Baiona. Cando Mercedes Ruiz da Escaleira chegou á praia da Concheira e tras sentir o aire fresco do mar, dixo á súa nai: “Mamá se quedo aquí cúrome“.

Desde entón namorouse da Real Vila e das súas xentes. A muller sempre sentiu devoción polo pobo que segundo ela lle Virxe da Rocadevolveu a vida. Por todas estas razóns Ruiz da Escaleira sempre axudou ás xentes da localidade. Foi a fundadora e precursora da Escola do Mar de Baiona. Alí impartíase clases nocturnas para obreiros de carácter gratuíto.

Tal foi o seu labor que traspasou as fronteiras baionesas chegando ás principais cidades galegas. Dona Mercedes Ruiz da Escaleira foi unha importante precursora da construción de Virxe da Roca. Tal foi o seu empeño por que levase a cabo que mesmo acudiu ao Papa de Roma, por aquel entón Benedito XV, para obter financiamento. Tamén recorreu a Réina Vitoria pois foi a súa Dama de Honra. A súa influencia na corte conseguiu que a obra lírica de José María Barreiro e Anxo Rodulfo “A Virxe da Roca” fose posta en escena no Teatro Real de Madrid o 11 de Febreiro de 1911 e que ademais, fóra patrocinada a función polos Reyes de España a beneficio das obras da Virxe da Roca. Ademais, contribuíu a nivel persoal cunha importante cantidade económica. Mercedes tiña a súa casa en rúa Ventura Misa nª10, onde hoxe se sitúa a xoiaría Ruibal, alí pasou os seus días sempre tentando axudar aos veciños do lugar ata que en 1956 morría, 85 anos despois de chegar a Baiona, deixando na memoria de todos os baioneses o recordo dunha muller bondadosísima que sempre axudou aos máis débiles. Mercedes morreu aos 100 anos en Baiona.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies