En marzo do ano pasado presentábase en Baiona el Club de Atletismo que leva o nome da vila.
Agora, un ano despois, a institución deportiva, busca seguir ampliando os seus horizontes deportivos e asociativos grazas a que xa conta con 50 atletas de ambos os dous sexos e de diferentes idades entre as súas filas.
Durante esta tempada participaron en diversas carreiras conseguindo subir ao podio en moitas oportunidades. Neste apartado destaca especialmente Toni Liébanas que compite en triatlón e en Trail de Montaña obtendo bos resultados.
Xa a nivel de equipo o Club Atletismo Baiona participou nas 24 horas de Vigo conseguindo un 3º posto na categoría mixta e xa se preparan para participar na próxima edición que se disputa o 30 de agosto.
Antes, todos os membros do equipo participarán nunha nova edición da “Andar e Correr” de Baiona.
O seu proxecto é agora promover este deporte entre os máis pequenos para seguir crecendo e aspirar a novos retos deportivos.
A Xunta Directiva do Club agradece neste primeiro aniversario ás firmas que colaboran economicamente para que se poida “seguir en pé e competindo, xa que con só a cota do socio non sería posible” e moi especialmente a entidades como “A Caixa” e empresas como “Construcións Carlos Pérez“, entre tantas outras.
Nota: Información facilitada polo Club




