O CB Nigrán volve de Portugal, onde participou no TORNEO INERNACIONAL ÁGUEDA BASKET coas espectativas máis que cubertas.
O equipo cadete feminino fíxose co 3º posto do Torneo e Paula Barros Ferreira, sendo aínda de categoría Infantil, foi clasificada como unha do cinco mellores xogadoras do torneo en categoría Cadete , formando así parte do “quinteto ideal”.
A expedición Nigranense formada por xogadoras, pais e equipo técnico gozou de tres días de basket no país veciño compartindo unha fermosa convivencia coas familias de acollida do Club Ginasio Águeda de Gica , que puxeron as súas casas a disposición das xogadoras de Nigrán para pasar a noite alí durante o tres xornadas de duración do Torneo.
Os pais e nais sinalan que foi unha experiencia moi enriquecedora para eles e as súas fillas e agradecen a gran hospitalidade das familias portuguesas que xa foron convidadas para que asistan aquí a un dos Torneos organizados polo CB Nigran para dar continuidade a esta actividade e establecela xa como un intercambio anual entre os dous Clubs de Basket.
Estes dous premios obtidos en Portugal pechan de forma inmellorable a actividade deportiva que o CB Nigra levou a cabo esta Semana Santa e que comezou o pasado día 30 co –Toneo Basket sen Barreiras– que o club organizou no Pavillón de Panxón obtendo unha gran afluencia de público e a felicitación por parte de todos os Clubs invitados.
Con estas magníficas noticias o CB Nigrán afronta , con máis ilusión se cabe, a última fase desta tempada, que reinicia a súa actividade o próximo fin de Semana , onde os equipos federados loitarán pola copa nas súas diferentes categorías.
Ademais continuarase co traballo nas escolas deportivas que o club ten nos diferentes colexios de Nigrán preparando xa as próximas actividades nas que participarán de aquí a fin de tempada.







